Venres. 19.04.2024
El tiempo

Senda Nova comproba os efectos da eucaliptización no Bosque da Ribeira da Pena

Senda Nova comproba os efectos da eucaliptización no Bosque da Ribeira da Pena
Saida na Ruta do Bosque Con Senda Nova copia Saida na Ruta do Bosque Con Senda Nova copia

Non para a Asociación Senda Nova de obrigarnos a disfrutar da nosa natureza faga o tempo que faga. A pasada fin de semana foron dúas as saídas que serviron para que un cento de mozos e mozas disfrutasen do entorno. O domingo, para abrir o programa da Ruta dos Bosques, visitaron o Bosque da Ribeira da Pena, que mantén a súa agonía entre as variedades de eucalipto máis agresivas, a carón das actuacións menos concienciadas e da estrada que une Carballo e Ordes.

Os 30 camiñantes puideron comprobar como afecta á eucaliptización aos bosques autóctonos, vendo ademais como afecta gravemente o lume ás zonas con especies invasoras, mentres que as zonas de bosque autóctono resisten moito máis.

Senda Nova comprobou a Eucaliptizacion no Bosque da Ribeira copia Senda Nova comprobou a Eucaliptizacion no Bosque da Ribeira da Pena

Xa o luns, Senda Nova fixo de anfitrión na visita ao espazo natural de Baldaio dos alumnos e alumnas do Instituto Anxel Casal da Coruña. Unha actividade itinerante en lugar dunha xornada exclusiva a carón do espazo natural.

Nova Ruta

Este domingo11 de marzo toca ruta polas fragas de Catasós. A saída será ás 8:00h da Laracha, 8:15 de Carballo.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios