![]()
Noite de Inverno Ancestral en Santa Comba
Como vén sendo habitual desde hai uns anos, a Asociación Ecoloxista Senda Nova de Carballo, adiantou por uns días a entrada na estación do inverno. E fíxoo o pasado sábado en Santa Comba, concretamente na parroquia de Castriz, onde botou a andar o 6º Inverno Ancestral.
Este proxecto, que vai pola sexta edición, aséntase nas costumes populares dos máis maiores e ten como obxectivo principal a transmisión delas á sociedade e, de xeito especial, aos nenos e nenas da Costa da Morte. A posta en valor do patrimonio inmaterial é, por tanto, o eixe desde onde xira este proxecto.
Era a primeira vez que as Historias de Inverno visitaban Santa Comba. A noite comezou desexando a melloría a José Barbeira, un dos narradores protagonistas destes encontros que, convaleciente, non puido achegarse ata a actividade.
Asi, foi Pepe Pensado o encargado de falar do Castriz de fai anos a través dun repaso minucioso polas sete temáticas nas que se dividen as intervencións. Comúns a todas as parroquias. O guión seguiuno Ana Cancela, a presentadora desta fría noite na meseta do Xallas. Un fermoso e grande repaso pola escola, festas…e como non, os traballos que se desenvolvían na zona, entre os que tivo cabida a minería do volframio.
Comendo saudable
![]()
Sesión sobre comida saudable no Espazo de Natureza de Oza
Por outra parte, máis de 20 persoas déronse cita no Espazo da natureza de Oza para escoitar á nutricionista de Laxe Noa Vázquez Rendal, quen fixo un percorrido ameno, didáctico e, sobre todo, interesante polos alimentos nocivos e polas variedades más saudables para incluír na alimentación.
Noa puxo de manifesto a importancia da alimentación en diferentes enfermidades e o positivo do consumo de froitas e verduras e elementos naturais fronte aso procesados.A partires de aí foi profundizando a través de numerosos alimentos e as características de cada un para pechar unha actividade que se caracterizou por unha participación moi activa dun numeroso publico atento á intervención.
https://quepasanacosta.gal/senda-nova-propon-outro-inverno-ancestral-de-conversas-arredor-do-lume/