Senda Nova pecha este domingo as rutas de outono
07:10 27/11/15
Senda Nova en Monteneme
O vindeiro domingo, 29 de novembro, a asociación ecoloxista Senda Nova pecha a cuarta edición do "Outono en Marcha"; un programa no que os participantes coñecen in situ os valores patrimoniais e naturais dos lugares percorridos. No último roteiro desta edición, coñecedido como a Ruta das Férvedas, realizarase un espectacular percorrido que discorre polo concello de Carballo.
Os interesados en participar ainda están a tempo de anotarse no número de teléfono 696.155.232 ou en [email protected].
Na saída da semana pasada, "A Ruta do Wolframio" os camiñantes partiron da igrexa de Oza baixo un día chuvioso. A primeira parada foi As Torres; unha antiga fortaleza da que quedan só os restos dunha capela. Dende o lugar do Rodo os andadores retornaron ao castro de Serantes, no medio da agra de Oza. A continuación visitaron o Rodo, unha construcción castrexa nun alteiro e cuns parapetos defensivos considerables.
Dende Nión tiveron a oportunidade de observar outro castro e que se ve no fondo da depresión meridiana, ese accidente xeográfico do que sempre Evaristo e que se converte na “ portela de Razo” xusto na zona de Vilar do Cidre. Moi interesante foi a exposición sobre este lugar feita por Jose Antonio Andrade, que falou da súa relación con Francia dende tempos de Napoleón.
Foi a previa á gran costa que sube a Monteneme, onde os máis de corenta sendeiristas desafiaron á choiva de novembro. Antes do cumio fixéronse dúas paradas obrigadas. A primeira delas foi a Casa das Minas. Un bó lugar para a interpretación máis minuciosa do que puido supoñer o wolframio na zona. A segunda parada foi na fonte de Santa Cristina. Alí houbo unha capela e parece ser que, como tantos, foi lugar de culto pagano e posteriormente cristianizado.
A Eira da Meigas agardaron aos senderistas no alto de Monteneme. Ademais do círculo lítico recentemente deteriorado, atopábase un bó volumen de concienciados habitantes das parroquias de Cambre, Cances, Oza, Razo e Leiloio. A idea era xuntarse a ciclistas e representantes de asociación culturais, deportivas, de vecinos…etc…para resaltar os valores naturais, culturais e paisaxísticos da fermosa balconada de Bergantiños: Monteneme.
Foi Xan Fernández Carrera o que se encargou de resaltalo e o acto pechouse cunha foto conxunta e unida de todas as entidades e persoas que, desafiando á climatoloxía, xuntaron forzas por Monteneme. En total, había alí máis dun cento de persoas comprometidas.
Despois de coller as forzas necesaria e xa sen choiva, os sendeiristas cruzaron o rego do Riás antes do último esforzo ata a igrexa de Cambre onde a choiva e o autobús os estaba agardando novamente.