![A intensa néboa impediu ver con claridade o espectáculo dos venados en celo]()
A intensa néboa impediu ver con claridade o espectáculo dos venados en celo
Importantísimo para a sociedade é o traballo divulgador que fixeron durante este verán os amigos da asociación natural Senda Nova, con sede en Carballo. Foron varias as actividades de convivencia e de contacto co medio natural incluidas dentro do seu programa
"Verán ao Natural" e nas que participaron un bo número de amantes da natureza.
Comezaron o mes de xullo coa tradicional
ruta nocturna onde se achegaron ata o hábitat do lobo intentando unha desmitificación do animal dende actividades de contacto co medio, e onde destacan as pernoctas ao aire libre. Non foi a primeira vez, aínda que seguimos a pensar que a especie merece un respecto e unha proteción dende a poboación máis achegada.
Como o achegamento ao medio necesita de coñecementos cartográficos, voltamos a desenvolver as exitosas
xornadas de iniciación á cartografía e orientación; que neste ano bateron
récord de participación e con vontade de avanzar no coñecemento xeográfico noutras actividades de contidos máis profundos. As parroquias de Bergantiños foron testemuña das prácticas dos participantes e as corredoiras, lugares de paso nos exercicios.
A berrea
Unha das actividades estrela que ano tras ano organiza Senda Nova é
a berrea. Esta actividade, que tivo lugar a última fin de semana de setembro, consistiu nunha viaxe a Asturias para desfrutar e contemplar un auténtico espectáculo sonoro que se produce na época en celo dos venados.
Nesa mesma fin de semana a organización participou na
VIII limpeza simultánea de ríos , organizada por
Adega, e na que participaron catorce persoas que retiraron deceanas de refugallo no Rego da Balsa de Carballo.
Outono
E como os de Senda Nova non paran, xa están a organiza o
IV Outono en Marcha no que se inclúen varias rutas de sendeirismo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Senda Nova