Xoves. 18.04.2024
El tiempo

"De lo sensible": A hipersensibilidade química múltiple levada á gran pantalla

Fotograma da curta de lo sensible sde Sara Casasnovas no horreo de Mordor
Fotograma da curta "De lo sensible" de Sara Casasnovas no horreo de Mordor
"De lo sensible": A hipersensibilidade química múltiple levada á gran pantalla

A “búsqueda fílmica do sentir a hipersensibilidade química múltiple”. “A cercanía e convivencia con persoas que padecen esta enfermidade, esta situación que modifica a vida” motivouna para levar esta complicada experiencia á pantalla. E como ela síntese “parte desta terra salvaxe e poderosa que namora e tolea a partes iguais”, veu á Costa da Morte para rodala.

Moitos dos que pasaron por “Mordor” esta pasada fin de semana seguro que quedaron algo despistados co que viron. O escenario non era casualidade: o hórreo negro aos pés da estrada que vén de Muros, que sofre, como os doentes da hipersensibilidade química, a presencia das chemineas de carbón. Ese hórreo mítico, representativo, que por fin terá o seu momento de gloria convertíndose "nun emprazamento idóneo, por contraste”.

Era Sara Casasnovas. A actriz e creadora, filla adoptiva da nosa comarca, achegouse á zona para preparar unha curta que se chamará “De lo sensible”. Porque precisamente “quero plasmar a súa vida, tendo en conta a hisperacusia, a fotosensibilidade e as doenzas cas que conviven as persoas que teñen esta circunstancia de vida”. Unha curta, sen ánimo de lucro, por suposto, que nace cunha visión “moi poética, que sirva como escapismo da doenza”.

”É un tema que me ten moi pendente. Teño en vistas facer un documental sobre este tema, e esta é unha pequena peza que serve a min como achegamento e como presentación da longa”.

Fotograma da curta de lo sensible sde Sara Casasnovas

”De lo sensible”, escrita e dirixida por Sara Casasnovas, conta cunha bailarina moi circenese, Raquel Oitavén, como protagonista, e con Diego Rulos como cámara. “Sairá dentro de moi pouquiño”, avisa, mentres continúa cos seus proxectos televisivos ou cinematográficos como “Pepe Cáceres”, unha película que se rodou en Colombia, na que fai de flamenca andaluza e á que aínda lle queda algunha escena por gravar.

Ademais, este día 28 se presenta no marco do OUFF de Ourense a “Xustiza pola man”, unha curta que fixera sobre a figura de Rosalía de Castro, cun poema que lle dá título á peza. E sen parada, marchará ao Festival de Cine de Madrid PNR, no que estou de xurado, para facer outras presentacións.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios