![PonteBen - Foto: Xosé Manuel Varela]()
A saúde bucal e distintas probas de parafarmacia centraron a atención do
s 50 asistentes que están acudindo estes domingos ó programa saudable PonteBen que a Fundación Eduardo Pondal está a desenvolver a partir das 5 da tarde no salón de actos da súa sede oficial.
A xornada de hoxe domingo comezou coa presentación dos relatores a cargo de
José María Varela Martínez, patrón da Fundación Eduardo Pondal e coordinador destas xornadas saudables. A mesa estaba conformada, á parte de polo presentador, por
José Ramón Bazar Anido, Sara Verdes Pereira, Sheila Rellán Castro e Isaac Faria Castelobranco.
José Ramón Baza e Sara Verdes, da clínica dental J.R. Bazar, realizaron unha proxección adiovisual nas que amosaron as distintas problemáticas que poden xurdir no seguir unha boa saúde bucal. Como práctica amosaron a todos os asistentes a realizar un correcto cepillado así como a recomendar distintos enxaugues.
Sheila Rellán Castro, de parafarmacia Horizonte informou das características dos produtos que se poden encontrar nun establecemento deste tipo así como das súas aplicacións. A parte práctica foi demostrada por Isaac Faria Castelobranco quen pediu a colaboración de dous compoñentes do público para realizar durante media hora unha proba de desoxidación podolóxica. Os voluntarios foron María Jesús Varela de Neaño e Juan Lista García de Ponteceso.
Última sesión
A última sesión de PonteBEN será o vindeiro
domingo 19 de decembro. Nela, Juan Lista García desenvolverá unha actividade física de Pilates, José Manuel Mato falará sobre seguros de saúde, Noelia Pereira Parga intervirá sobre a temática de podoloxía e Juan Jesús Mato Bermúdez, do restaurante Artabria, elaborará un amplo catálogo de pinchos saudables que se degustarán ó remate da tarde. O peche será a entrega de diplomas tanto a relatores como a asistentes.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal.
- Fotos de Xosé Manuel Varela Varela.