Sete anos a voltas coa "Orquestra"

17:40 31/01/18
Despois de sete anos, o tempo parece non querer avanzar para os participantes na opereta que se estreava aquel 31 de Xaneiro de 2011. Aquela fría maña de luns, varias furgonetas de Policía Nacional e efectivos deste corpo, da Policía Xudicial e da Garda Civil iniciaban unha operación que perseguía a comisión de varios delitos por parte dos alcaldes por aquel entón en Cee, Fisterra e Mazaricos en connivencia cunha construtora, a dos Ogando en Muxía. Aquel día, efectivos dos corpos e forzas de seguridade do estado entraban de xeito coordenado nestes 3 concellos e na sede da empresa, dirixidos polo xuíz de instrucción do número 2 de Corcubión, Andres Lago Louro. Tardaríamos semanas en coñecer o xeito en que este xuíz (hoxe maxistrado) recopilara dúcias de grabacións nas que os máximos mandatarios falaban de cartos en negro, mordidas, ou suposto tráfico de influencias con absoluta liberdade e sen amosar o mais mínimo respeto pola lei.
Prensa na Operacion Orquesta - - Foto Marcos Rodriguez
Sete anos despois o que comezou con mais de 24 imputados (pronto se unirían tamén as imputacións en Corcubión) chega a fase de apertura de xuizo oral con so 6 deses imputados chamados a comparecer ao banquiño da audiencia pola peza separada concerniente a Cee. Nestes sete anos a causa foi devolta a Corcubión dende A Coruña, troceada por concellos e de novo remitida a Coruña para que o xuizo sexa aberto hai mais dun ano e sen día ainda para que se celebre de xeito definitivo e poidamos saber, entre outras cousas, si os mais de 20 anos de cárcere e 25 de inhabilitación que se piden contra o actual alcalde de Cee, Ramón Vigo, son finalmente corroborados ou si, dun xeito difícil de imaxinar, todo queda finalmente en nada.
Con el, descubrirán o resultado deste culebrón outros 5 implicados. Para os Ogando, Pai e fillo, como inductores dun delito continuado de prevaricación se piden ata 3 anos de prisión. Ao concelleiro e man dereita de Vigo ata hai ben pouco, Juan Bautista Areas "Candiño", a fiscalía pídelle un ano e seis meses por un delito presunto de suborno pasivo, mentres ao arquitecto da Casa de Cultura, José Carlos Leis, a fiscalía pídelle, en concepto de cooperador necesario, por un delito de prevariación, 7 anos de inhabilitación especial, e, no caso de apreciarse o delito continuado de falsedade en documento oficial, 4 anos de prisión e multa de 8.400€. O auto acúsao de ser el o que separaba os contratos. Así se afirma de xeito textual no auto de apertura de xuizo oral.
Atras quedan as grabacións recollidas polo sumario, onde algúns dos imputados admitía o uso de facturas falseadas, o cobro de subornos, o reparto de contratos públicos a dedo ou o cobro de mordidas a cambio de contratos.

Máis información
- Quen é quen na Operación Orquesta.
- A Operación Orquesta por Concellos (I): Mazaricos.
- A Operación Orquesta por Concellos (II): Fisterra.
- A Operación Orquesta por Concellos (III): Corcubión e Muxía.
- A Operación Orquesta por Concellos (IV): Cee.
Artigos relacionados
- Verdades de Louzán: 1001/2009.
Novas da Operación Orquesta
- Piden a dimisión de Ramón Vigo trala apertura de xuízo oral da Operación Orquesta
- Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses
- Entrevista a Ramón Vigo (II): “O sumario da Operación Orquesta é infumable”.
- Un repaso, de primeira man, aos 18 anos de historia e 3 millóns de € da CCC.
- 03-02-14: Os recursos retrasan o xuízo oral da Operación Orquesta.
- 31-01-14: 3 anos de Operación Orquesta e, por agora, ningún resultado.
- 31-10-13: Albiscando o xuízo oral da Operación Orquesta.
- 22-04-13: O BNG comeza por Fisterra a esixencia de dimisión dos imputados na Operación Orquesta.
- 15-04-13: Os trending topics da Operación Orquesta.
- 10-04-13: A operación queda sen director de Orquesta.
- 23-05-12: A Operación Orquesta volve subir ao escenario.
- 29-09-11: Un novo alcalde imputado na Operación Orquesta.
- 31-08-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura.
- 21-07-11: Repaso ao Sumario da Operación Orquesta (VI): As adxudicacións de Neria.
- 05-07-11: A Operación Orquesta continúa en marcha.
- 13-05-11: Repaso ao Sumario da OO (VI): Quen alimenta a Caixa B?.
- 04-05-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (V): De como se xustifican subvencións públicas con cartos da caixa B, sen factura de transferencia e cunha firma persoal.
- 25-04-11: Unha de candidatos en proceso xudicial.
- 19-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (IV): De verbena no Parlamento.
- 15-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (III): 3 novos imputados.
- 14-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (II): Aumentan os salpicados.
- 13-04-11: Vigo asegura que a trama débese a que se negou a encabezar as listas do PP e do PSOE de Cee.
- 12-04-11: Un repaso ás primeiras conversas do sumario da Operación Orquesta.
- 06-04-11: Levantado o segredo de sumario da Operación Orquesta.
- 01-04-11: Os novos imputados de Cee pasaron declaración e chaman ao arquitecto da Casa da Cultura.
- 29-03-11: A Policía chama a declarar a 11 novos implicados na “Operación Orquesta”.
- 02-03-11: Os 3 novos detidos da Operación Orquesta saen con 3.000€ de fianza.
- 01-02-11: Novas detencións na “Operación Orquesta”.
- 07-02-11: Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?.
- 03-02-11: Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta.
- 02-01-11: 5 imputados na Operación Orquesta saen en liberdade provisional con cargos.
- 01-02-11: A “Operación Orquesta” continúa en marcha.
- 01-02-11: As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
- 31-01-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)