Mércores. 13.11.2019
El tiempo

De soldos políticos, dedicacións e responsabilidade

De soldos políticos, dedicacións e responsabilidade

Estes días, os plenos das novas corporacións están aprobando as dedicacións dos seus políticos de cabeceira. A pasada lexislatura só os concellos de Corcubión e Santa Comba non tiveron, alomenos, unha dedicación exclusiva, o que provoca que a veciñanza teña que confiar na vontade, e o tempo libre, do seu mandatario para sacar adiante o municipio.

Todo nun marco local, de absoluta xerarquía piramidal, onde o alcalde ten que tomar ata a máis pequena decisión. De aí a radical importancia de que os nosos alcaldes e alcaldesas sexan traballadores municipais.

Outra cousa é valorar a ética de cada grupo de goberno coa contía desas dedicacións, valorando que o máximo para os concellos coma os nosos rolda os 40-45.000€.

Corcubión

Este ano, Corcubión si terá dedicación exclusiva, a pesar do esperpento político que protagonizaron as dúas forzas máis importantes da vila, que non conseguiron poñerse de acordo, a pesar de todo soplaba a favor e todos parecían estar dacordo, para formar un goberno de coalición que dese a Corcubión a estabilidade que necesita despois de tantos anos de goberno en minoría. A falta de confianza, e o feito de facer máis caso do ruído que das propostas propias obrigan a Corcubión a volver ao clima ostil de Montescos vs Caputelos que parecía superado.

En todo caso, en Corcubión si que haberá dedicacións, gracias aos votos do grupo socialista, do seu compañeiro de goberno PACor, ademais dos dous edís de Sempre Corcubión, claves para sacar adiante as dúas dedicacións parciais: os 24.600€ brutos anuais que levará o alcalde Lalo Insua, e a os 7.950€ da dedicación parcial de Manuela Fernández Louro. O PP e o BNG votaron en contra, “e non porque estean en contra das dedicacións”, intenta explicar o BNG nun comunicado, se non porque consideran que o mellor era un goberno de coalición.

Muxía

A nova corporación muxiá terá 2 dedicacións exclusivas propostas polo alcalde, Iago Toba, para irma García e  Mónica Vilela.  Ámbalas dúas pasarán a cobrar 1600€/brutos mensuais repartidos en 14 pagas anuais. “De momento o que temos é o goberno máis caro da historia de Muxía” criticaba a voceira popular Sandra Vilela.

Ponteceso

Por Ponteceso, o grupo de APIN, agora na oposición trala maioría absoluta do PSOE, critica que “o alcade de Ponteceso se poña de salario o máximo que lle permite a lei”, tras un pleno celebrado ás 13:30h, e non ás 20:00h como se viñan facendo. Ponteceso terá 3 dedicacións exclusivas e 2 parciais: Lois Carballido cobrará 48.000€ brutos, terá dúas dedicacións exclusivas de 23.800 e outras dúas parciais de 14.280.

Soldos politicos en Ponteceso
Fonte: APIN

 

CarnotaSoldos politicos na Costa da Morte-Fonte BNG Carnota

Critica tamén o BNG de Carnota o novo soldo do alcalde socialista que alcanza o tope legal por poboación de 41.416 euros, 10.000 mais que o anterior goberno. Carnota terá 2 dedicacións, pois a teniente alcaldesa cobrará 16.800 euros brutos anuais. 

Na imaxe lateral vemos a comparativa entre os soldos da comarca e mais o do anterior e o novo goberno carnota.

 

Camariñas

Camariñas contará con 3,5 Dedicacións exclusivas. Así, desempeñaranse en réxime de dedicación exclusiva a Alcaldía; a Concellería de Urbanismo, Medio Ambiente e Emprego; e a de Cultura, Encaixe e Turismo. Por outra banda, a dedicación parcial será para a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade. A retribución bruta anual, dividida en 14 pagas, será de 33.984’44 euros para Alcaldía, de 21.380’46 euros para as dedicacións exclusivas e de 13.098’26 euros para a parcial.

Este punto foi aprobado cos votos a favor do PSOE e un concelleiro do PP, en contra de dous concelleiros do PP e o BNG, e a abstención de un concelleiro do PP.

Novas relacionadas

Comentarios