Solpor dá #unMardeGracias e expón a marca de calidade do Camiño Fisterra-Muxía en Santiago
Menudo evento foi quen de artellar a Asociación Solpor. A cita #UnMardeGracias foi unha auténtica demostración de poderío, e do que a Costa da Morte é capaz de facer. Co apoio da Xunta de Galicia a través de O teu Xacobeo, a entidade quixo realizar este evento que serviu para agradecer o compromiso de todas as entidades vencelladas ao Camiño da capital galega. Así llo traslado a preto de 200 profesionais que se reuniron no Hostal dos Reis Católicos, e que viron de primeira man que o Camiño a Fisterra-Muxía xa é marca de calidade.
Falou Jesús Picallo, presidente de Solpor e gran promotor deste evento que nace con vocación de continuidade. "Gracias ás nosas empresas estamos convertindo a Costa da Morte nun destino amable”, sinalou. Picallo, que tamén felicitou a Julio Castro polo seu recente nomeamento de director do Parador de Muxía, tamén recordou cifras do crecemento do noso sector.
Jesús Picallo, promotor do evento
A zona medrou este verán un 6% no número de viaxeiros, cun total aproximado de 100.000 noites, o que supón unha variación do 10,5% en relación ao pasado ano.
Estivo presente o Conselleiro Román Rodríguez, que “a vosa historia ten moito que ver coa dos miles de peregrinos que chegan a Compostela e por iso, en nome da Xunta de Galicia, quero darvos as grazas porque o voso esforzo é o que fai posible que Galicia sexa hoxe un destino elixido por milleiros de peregrinos e visitantes”.