CAMIÑO
Solpor leva o Camiño Fisterra-Muxía á Feira ITB Berlín
Nova acción de promoción turística da Costa da Morte. A Asociación Solpor participa estes días na Feira de Turismo ITB Berlín 2019, unha das máis importantes a nivel europeo. Faino baixo o paraugas do Clúster de Turismo de Galicia, que envía unha e de 25 empresarios entre os que se atopa o noso Jesús Picallo, que non para de promocionar a Costa da Morte e o o Camiño Fisterra e Muxía.
Xa estiveron coa Ministra Reyes Maroto, e co director de Paradores, que lembrou que o Parador será unha realidade antes de que remate o ano.
Ademais non pararán de promocionar a nosa terra cunha completa serie de contactos con touroperadores.
Jesús Picallo á esqueda, de Solpor, co Conselleiro de Turismo e Cultura Román Rodríguez e a Directora de Turismo Galicia Nava Castro
Novas relacionadas
- A Asociación Baíñas no Camiño acondiciona sinalizando e prantando frondosas a Vía Mariana.
- Muxía Natural confirma a unidade do sector e pide un especialista municipal en Turismo.
- Fairway: “Os Camiños da Costa da Morte están de moda”:
- Fisterra e Muxía toman protagonismo na Fitur.
- A Costa da Morte volca esforzos na FITUR.