Solpor mándalle “Un Mar de Gracias” a Santiago de Compostela
Potente o evento que está preparando Solpor, Asociación Camiño Santiago a Fisterra-Muxía, para presentar o evento “un MAR de GRAZAS”. Unha cita na que o sector profesional dos concellos polos que atravesa esa ruta difundirá os seus recursos e agradecerá o especial agarimo co que é tratado polo sector e a sociedade compostelá.
Deste xeito, en Solpor queren reforzar a ligazón entre os que traballan nesa prolongación dos camiños que leva a Fisterra e Muxía e os que o fan na propia Compostela.
“Un MAR de GRAZAS” desenvolverase o venres 25 de outubro no Hostal dos Reis Católicos, ás 19:30 horas, contará con máis de 50 empresas participantes, nun formato workshop que está especialmente pensado para os profesionais ligados aos camiños. A xornada rematará cunah degustación de produtos da bisbarra.
Jesús Picallo, presidente de Solpor, salienta: “Quen veña a Un MAR de GRAZAS atoparase co sector turístico e hostaleiro de calidade do noso camiño. Para nós, a ruta é a fonte de creación de emprego e revitalización máis importante dos nosos lugares; e vinculados a el levan aparecido todo tipo de negocios e actividades”.
Esta iniciativa forma parte do programa “O Teu Xacobeo”, impulsado dende a Xunta de Galicia.
Para asistir poden contactar con Solpor comunicacionsolpor(arroba)gmail.com.
De promoción
Non para a entidade, e estes días anda unha expedición costeira na Feria de Turismo de Rimini, Italia. Dito Valdomar Canosa, xerente de Navega Fisterra anda repartindo mapas e credenciaies do Camiño Santiago Fisterra-Muxía.
Á dereira, Dito Valdomar Canosa, de Navega Fisterra, co presidente do Cluster de Turismo de Galicia e varias técnicas italianas na feira de Rimini