xoves. 01.05.2025
El tiempo

Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo

Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo
Jorge Daniel Lemus Jorge Daniel Lemus, o novo Ministro de Saúde Arxentino, é fillo de emigrantes de Cereixo, Vimianzo

Moi estimado ministro:

Antes de nada pídolle teña a ben desculparme por escribirlle facendo uso dos medios de prensa. Considero que é un tema demasiado importante para deixalo no ámbito privado da epístola. Sendo vostede o responsable da Saúde no recente novo goberno arxentino, corresponde que lle faga chegar un rogo ou petición con respecto ao futuro do Centro Galego de Bos Aires.

Supoño que está convenientemente informado do actual momento de crise institucional na histórica entidade galega. O Centro Galego é o fogón porteño onde os emigrantes atoparon acubillo a longas noites de tormenta. O Centro Galego foi un activo emanador de identidade. Alí mantívose viva nosa cultura propia. Na esquina de Belgrano e Pasco recibiu consolo aos seus moitos dores o noso inmenso heroe cívico Alfonso Rodríguez Castelao.

No edificio social únense en harmonía as dúas seccións de actividade, cultura e saúde, seguindo os principios de solidariedade que inspiraron aos fundadores. Durante un século de vida, sen interrupción, foi cumprindo co seu labor. Pero chegamos ao presente no que, por primeira vez na súa historia, está intervido xudicialmente. Sucesivos erros de xestión levaron ao noso gran navío ao bordo do hundimiento. Se segue aberto, hai que recoñecelo, é grazas a unha axuda estatal concedida polo INAES xa que, lamentablemente, son insuficientes os ingresos para facelo funcionar con normalidad.

Cónstame que os socios están moi preocupados polo futuro. Realizáronse varias reunións. Intentouse buscar solucións que fagan viable o mantemento da mutualista. Son optimista pero non é conveniente enganarse cando está en xogo a vida da máis importante entidade galega do mundo emigrante. Non parece viable o poderse manter cos poucos socios que pagan a súa cota (8.000) e o exceso de empregados (1.500) e a escasa posibilidade de incremento do número de afiliados. Cóntanas non saen. Hai máis gastos que ingresos.

A fundación do Centro Galego fíxose pensando en Galicia e nos descendientes. Era necesario, ao estar lonxe da matria, ter un fogar onde curar as feridas espirituais e físicas. O gran esforzo realizado polos fundadores e continuadores logrou fructificar nun gran patrimonio edilicio e cultural (a pinacoteca de artistas galegos é moi valiosa) que hoxe é propiedade dos cidadáns arxentinos. O que quero dicir é que non se suou durante un século para entregarlle o patrimonio a unha empresa privada de servizos médicos.

Os nosos nobres emigrantes atoparon en Bos Aires a felicidade. Vivían nun espazo aberto ao futuro. O seu traballo era intenso e sostido. Había que deixarlle algo aos fillos e netos. O Centro Galego é o mellor exemplo da xenerosidade emigrante. Vostede entende perfectamente as miñas palabras ao ser un fillo da emigración. No seu caso concreto, coinciden as súas raíces coas miñas, ambos vimos de Vimianzo. A súa familia é da aldea de Vilar, nunha parroquia, Santiago de Cereixo, que posúe unha xoia extraordinaria do románico na igrexa parroquial.

As voltas da vida. Vostede preguntarase que fai un galego da aldea vimiancesa de Tines, criado en Montevideo, escribíndolle unha carta desde Santiago de Compostela ao ministro arxentino de Saúde. Creo que simplemente aprovéitome do legado dos emigrantes rioplatenses que nos une en hermandad. Resumiuno moi ben o poeta de sangue itálica Víctor Luís Molinari ao dicir que ”a emigración galega é un mundo sen límites”. Sen movernos, estamos acá e alá, é a esencia da emoción emigrante.

Mencioneille a xoia de Cereixo. Refírome ao tímpano esculpido no século XIII que está na porta sur da igrexa. É a primeira representación que se fai no mundo da “traslatio” do Apóstolo Santiago. Na igrexa en que se bautizaron aos seus devanceiros represéntase o traslado en barca do corpo de Santiago a Galicia. Ofrézome a acompañalo cando veña pola parroquia. Iremos co prof. Lema Suárez, especialista en Historia da Arte que ademais de vimiancés de Bamiro é bo coñecedor da diáspora porteña. Pode vostede traer o seu caballete de pintura xa que teño entendido gústalle pintar ao aire libre. Veña preparado porque o exceso de beleza paisaxística, sorprenderalle.

Se me animo anímome a é porque teño a certeza de que se deterá a lelas ao ser motivo de interese persoal e institucional. Logo da miña breve introdución, é preciso que lle presente a miña petición. Trátase de que o goberno nacional arxentino proceda á nacionalización ou estatización do hospital do Centro Galego de Bos Aires. Rógolle que estude o tema en profundidade. Sendo médico e director de hospital ten ampla experiencia no campo da asistencia sanitaria mediante sociedades mutualistas. Espero chegue á conclusión de que é a mellor saída á crise actual. Na miña opinión, é o máis xusto. Unha privatización sería unha fraude ao entregar á iniciativa privada un patrimonio de carácter social. Os emigrantes foron os albañiles que con tesón fixeron un niño para deixarllo en herdanza aos descendientes nados na beira sur do Río da Prata.

Despídome. Reciba vostede o meu saúdo de cordialidade entre paisanos e os meus desexos de que teña moito éxito no seu labor á fronte dun ministerio que é peza básica no mantemento da saúde e o benestar en terras da querida República Arxentina.

 
  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
 

Comentarios