Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A subdelegadado Goberno informa a 5 concellos sobre as axudas estatais ante as inundacións

Consecuencias nas estradas de Vimianzo das inundacions da Borrasca Karim
Estado dunha das estradas de Vimianzo tralas inundacións da Borrasca Karim
A subdelegadado Goberno informa a 5 concellos sobre as axudas estatais ante as inundacións
O paso da borrasca Karim deixaba un regueiro de incidencias na comarca. É tempo para que os Concellos soliciten axudas ao goberno central para paliar os danos, e nesa liña se enmarca a reunión celebrada esta mañá en Vimianzo coa subdelegada do Goberno central, e a responsable de Protección Civil .

Primeiro realizaron unha visita na que puideron comprobar o estado do cuartel da Garda Civil de Vimianzo, o paseo fluvial vimiancés ou a zona dos Penedos. Despois, xa no Concello, as dúas enviadas explicaron aos responsables dos concellos máis afectados (Cee, Vimianzo, Camariñas, Ponteceso e Muxía) as axudas establecidas polo Goberno de España no marco do Real Decreto 307/2005 , de 18 de marzo ante “situacións catastróficas”.

Reunion de alcaldesas da Costa da Morte coa subdelegada do goberno
 Participaron na reunión a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño; a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insúa; a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela; e os alcaldes de Muxía, Iago Toba; e de Ponteceso, Lois García Carballido; que participou na reunión de maneira telemática.

”As posibles beneficiarias das axudas do Estado poden ser as unidades familiares ou de convivencia económica que sufriran danos persoais ou danos materiais en vivendas e enseres; comunidades de propietarios, por danos materiais en elementos común de uso xeral; as corporacións locais, para cubrir gastos de actuacións en situación de emerxencia; persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos mercantís, industriais ou de servizos, por danos nos locais de negocios ou bens afectos á actividade”, explicaron.

As peticións teñen que ser presentadas na Subdelegación do Goberno na Coruña por parte dos particulares e por sede electrónica por parte das corporacións locais, no prazo máximo dun mes desde o día seguinte á data da terminación dos feitos, contando cun informe elaborado pola Delegación do Goberno en Galicia.

As contía das axudas poden cubrir no caso das corporacións locais ata o 50% dos gastos de emerxencia, sempre que o seu importe supere o 3% do capítulo II do Orzamento de Gastos.

Novas relacionadas

Comentarios