Venres. 26.04.2024
El tiempo

'Teatro en Ruta' para seguir dinamizando os centros sociais das parroquias de Carballo

'Teatro en Ruta' para seguir dinamizando os centros sociais das parroquias de Carballo
Ás sesións de baile con música en directo realizadas nos últimos meses nos diferentes centros sociais das parroquias do Concello de Carballo, únese agora a iniciativa ‘Teatro en Ruta’ coa que a Concellería de Cultura pretende seguir dinamizando estes lugares de encontro. A compañía Vagalume Animación será a encargada de facer esta xira polas diferentes parroquias ata final de mes. Así, 'Teatro en Ruta' arrancará mañá mesmo, día 10, no Centro Social de Cances coa representación da obra ‘Canto te quero’, a mesma que levará o sábado 17 ao Centro Social de Rus e o domingo 18 ao de Verdillo. A xira da compañía carballesa proseguirá a fin de semana seguinte coa montaxe ‘O fontaneiro’, que se poderá ver o sábado 24 en Sofán e o domingo 25 en Ardaña. Entrada de balde Todas as representacións comezarán ás 19.00 horas agás a de Cances, que está prevista para as 20.00 horas. A entrada será libre e de balde ata completar aforo. teatro en ruta    

Comentarios