Temporadademar.org, a nova web da campaña gastronómica do sur da Costa da Morte

A campaña Temporada de mar, impulsada pola Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) e financiada polo GALP Costa Sostible, acaba de lanzar a súa nova páxina web, temporadademar.org, unha plataforma dixital que nace coa vontade de dar maior visibilidade e promover a gastronomía mariñeira de proximidade.
Con este novo paso, Temporada de Mar segue avanzando na súa misión de renovar a oferta turística da Costa Sostible. A través da creación dunha rede gastronómica sólida e diferenciada, pretende destacar os produtos locais de Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión e Muxía, contribuíndo non só ao crecemento económico da área, senón tamén á conservación do seu patrimonio natural e cultural.
Podemos acceder aos establecementos que forman parte desta rede gastronómica, fundada nos produtos de mar da zona, servindo de porta de entrada para a xente que queira probar o novo mar. A páxina tamén contará cun completo calendario de actividades que farán máis visible a cultura mariñeira da zona, ademáis de ofrecer novidades e actualizacións constantes sobre o desenvolvemento do proxecto.
Máis novas