mércores. 11.12.2024
El tiempo

O mercado de Fisterra acolleu o primeiro obradoiro do proxecto "Temporada de Mar"

  • O segundo obradoiro realizarase este mércores en Cee
Temporada de Mar en Fisterra con Adrian Figueroa
Adrián Figueroa no Mercado de Fisterra
O mercado de Fisterra acolleu o primeiro obradoiro do proxecto "Temporada de Mar"

Comezou a serie de obradoiros gastronómicos no marco do proxeco "Temporada de Mar" que se desenvolverán pola comarca durante este outono. 

O Mercado Municipal de Fisterra acollía onte o acto de presentación do proxecto financiado polo GALP. Unha trintena de profesionais (peixeirxs, cociñeirxs, produtorxs, mariscadorxs...) atenderon a un showcooking a cargo do chef Adrián Figueroa, do restaurante Omakase, quen amosou a todos os presentes a súa destreza na maduración e cortes de peixe.
O experto compartiu o seu coñecemento sobre as técnicas xaponesas da maduración, así como, da previa limpeza do peixe para que esta madure e gañe ternura. De esta maneira, conseguiu combatir a tradicional crenza de que o peixe é mellor canto máis fresco sexa.

Adrián contou coa colaboración de Tono García, do restaurante Material de Malpica de Bergantiños. Tono encargouse da preparación dun peixe á brasa, ao mesmo tempo que acompañaba á Adrián na difusión de estas técnicas de maduración.

Temporada de Mar en Fisterra con Adrian Figueroa 2

Seguinte acción, o mércores en Cee

A segunda actividade tomará lugar na Casa da Cultura de Cee, o mércores 27 de novembro de 2024, a partir das 19:30 horas. Consistirá nunha xornada dedicada á economía azul nas zonas pesqueiras, conducida por José Manuel García,
comunicador experto en gastronomía que durante anos estivo á fronte do programa "Comer e Falar" na Radio Galega.

Participará Sandra Varela Amado, cociñeira do comedor do CEIP Os Muíños e membro de Slow Food Compostela, quen traballa pola promoción dunha cociña que respecta a estacionalidade e a produción local. Tamén participarán Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro e defensor da pesca sostible e “influencer” galego da pesca e do respeto dos recursos pesqueiros; e Diego López Pedreira, experto en ecoturismo na Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", que integra o turismo co coidado do medio ambiente.

Máis novas gastronómicas

 

Comentarios