A TVG abrirá unha canle infantil e xuvenil tras ser aprobada no Parlamento a #IniciativaXabarín

Esta mañá de mércores 12 de maio, o Parlamento Galego aprobou, por unanimidade, a Iniciativa Popular Xabarín, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e respaldada por máis de 33.000 persoas. Unha Iniciativa para que a TVG abra unha canle temática de contido infantil e xuvenil na TVG, e que fomente o aumento de contidos en galego nas plataformas dixitais.
A Mesa pon cifras, lembrando que a día de hoxe “na TVG só se poden ver en galego 25 series e filmes dos máis de 25.000 títulos dispoñíbeis, e na TVE, que só emite na nosa lingua 39 minutos de 120 horas”. Precisamente a Iniciartiva vai máis alá e obriga a Xunta a “reclamar do goberno español accións para garantir tanto en TVE como nas plataformas, a dobraxe, lexendaxe e audiodescricións en galego así como financiamento para as producións na nosa lingua dentro da Lei Xeral do Audiovisual que será debatida nos próximos meses”. Mesmo a intención da iniciativa é fomentar a posibilidade de reciprocidade na visualización con Portugal.
Veremos se este acordo parlamentario se traduce en máis horas, en máis contido infantil e xuvenil en galego. Pero polo de pronto volve incidir no poder das redes, pois cómpre lembrar que a iniciativa parte dunha anónima conta de twtter (Por un contido infantil e xuvenil na TVG) e chega a provocar novos avances na normalización na propia canle pública.
NOVAS RELACIONADAS
- Abril 21: #IniciativaXabarín: Entregadas 33.000 sinaturas pola mellora da programación infantil e xuvenil en galego.
- Unha Proposición Non de Lei para que o Xabarín volva ser o referente cultural para a mocidade galega.
- Recollida de sinaturas para que o Xabarín, e o contido infantil, volvan ser protagonista na TVG.
- A Radio Picariña, máis dun milleiro de cancións de música galega infantil e xuvenil na rede.