Luns. 28.09.2020
El tiempo

Recollida de sinaturas para que o Xabarín, e o contido infantil, volvan ser protagonista na TVG

Cartel realizado por Kiko Dasilva
Cartel realizado por Kiko Dasilva
Recollida de sinaturas para que o Xabarín, e o contido infantil, volvan ser protagonista na TVG

Hai apenas un par de semanas que a conta de Tw Por un contido infantil e xuvenil na TVG comezaba a lembrar a importancia que tivo o Xabarín Club e os debuxos en galego para que xeracións e xeracións do noso país aprendéramos a nosa lingua. Unha conta que xa ten case 3.000 siareiros e que empurrou a que entidades como A Mesa pola Normalización abrisen unha campaña de recollida de sinaturas que xa supera as 8.000 en apenas 4 días.

É real necesidade dunha APP actualizada e unha Canle Xabarín Clun con contido infantil durante 24 horas en galego, cos debuxos de sempre pero tamén cos debuxos de hoxe en día, con contidos de lecer e educativos.

A Mesa levará ademais unha Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular, e asegura que se está a organizar un grupo impulsor formado por colectivos diversos mais representativos da sociedade galega para promocionala.

A canle pública ten creado xa iniciativas como Radio Picariña, pero sen darlle a promoción, a calidade nin a usabilidade necesaria para competir con outras plataformas audiovisuais.

Podedes ter máis información na conta @tvg_infantil_xa e podes asinar aquí a petición da Mesa.

Novas relacionadas

comentarios