Mércores. 24.04.2024
El tiempo

#IniciativaXabarín: Entregadas 33.000 sinaturas pola mellora da programación infantil e xuvenil en galego

xabarin
#IniciativaXabarín: Entregadas 33.000 sinaturas pola mellora da programación infantil e xuvenil en galego

Todas as familias queremos que a TVG volva ser un referente como o foi nos anos 90, nos que o Xabarín formaba parte das tardes de tod@s os rapaces do país. Nesa liña vai a Iniciativa Xabarín a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular presentada no Parlamento de Galiza, que conta xa con 33000 sinaturas en apoio

Todo para instar ao goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada para todos os dispositivos e que conte ademais con programas e xogos. A iniciativa tamén insta tamén a que toda a programación televisiva, incluídas as plataformas e TVE, teñan versión en galego orixinal, dobrada ou lexendada.

<“p>A unanimidade social arredor da Iniciativa Xabarín débese reflectir nun apoio unánime do Parlamento", afirma Maceira, responsable da Mesa Pola Normalización lingüística, a encargada de facer a ampla colleita de sinaturas por todo o país.

 

Novas relacionadas

Comentarios