Domingo. 15.12.2019
El tiempo

Últimos días para inscribirse no Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega

Últimos días para inscribirse no Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega

Este sábado remata o prazo de inscrición do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias que convoca a Fundación Juana de Vega. O seu director, o cabanés Jose Manuel Andrade, ten vontade para que as axuds cheguen á Costa da Morte, unha comarca onde o sector agroalimentario, o forestal, o pesqueiro e o marisqueiro son tan importantes.

A axuda ofrece novas oportunidades de impulso para as empresas

Este ano como novidade, inclúen dun banco de horas de consultoría para os emprendedores que xa estiveron no programa en edicións anteriores. Esta medida adicional, vén a reforzar a necesidade que hai de axudar ás empresas máis alá do momento de emprender, xa que máis do 90% das empresas fracasan nos seus 3 primeiros anos de vida. E dende a Fundación queren minimizar, dentro das nosas posibilidades, o risco de fracaso.

De aí que as 3 liñas de traballo son:

  • EMPRENDEMENTO: axuda aos emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais.
  • CONSOLIDACIÓN: axuda ás empresas existentes mellorar o seu funcionamento.
  • CRECEMENTO: axuda ás empresas que xa están en funcionamento a xerar novas liñas de negocio.

Máis información e inscrición

Os emprendedores e empresas interesadas terán ata o 30 de novembro para presentar as súas propostas. A inscrición para participar no proceso de selección está dispoñible en la web: programa.juanadevega.org.

Programa Axuds Fundacion Juana de Vega

Comentarios