Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un falecido tras bater contra unha árbore na estrada de Coristanco

Un falecido tras bater contra unha árbore na estrada de Coristanco
accidente-coristanco accidente-coristanco Pasaban das 3:30h desta pasada madrugada, cando un vehículo sufría un accidente na AC-552, á entrada de Coristanco. O conductor, de 65 anos, perdía o control e o vehículo saíase da estrada e batía contra unha árbore, quedando atrapado no interior. Cando os Bombeiros de Carballo procederon a excarcelalo o home xa falecera. Ao lugar desprazou o 112 ao GES de Ponteceso e aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que se sumaron ás tarefas de rescate xunto cos axentes da Garda Civil de Tráfico. O equipo de Atestados investigan as causas do sinistro.   https://quepasanacosta.gal/aparatoso-accidente-en-cadea-en-laxe/

Comentarios