Un novo cargueiro á deriva fronte o litoral da Costa da Morte

11:54 22/12/11

Novo risco de verquido na Costa da Morte. Os milleiros de buques e cargueiros que pasan cada día polo corridor de Fisterra, a apenas 30 millas de distancia do noso litoral, fai que as posibilidades dun novo destrastre sexan altas.
E así o vimos comprobando nas últimas horas, cando un incendio a bordo está a provocar que un mercante holandés permaneza á deriva.
O "Lieke" está sendo remolcado pola embarcación de Salvamento Don Inda a a unhas 23 millas al Norte de Cabo Touriñán, dende que alertaran do problema ás 2:30h da madrugada. Ás 11:00h da mañá deste xoves 22 de decembro de 2011 a súa posición segue sendo a mesa, esperando á decisión do armador.
A carga que leva o mercante holandés é de formigón.
Novas relacionadas
- Galicia en color, en marcha a homenaxe necesaria aos voluntarios do Prestige.
- Unha homenaxe ao Serpent desafiando o temporal.
- A Xunta asegura que estudiará a creación do museo subacuático da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- El Mundo.
- Mapa de www.localizatodo.com.