Venres. 03.07.2020
El tiempo

Un paseo por Monfragüe

Un paseo por Monfragüe

Se ben quédanos lonxe da nosa Costa da Morte, hoxe visitamos o Parque Natural de Monfragüe. O facemos da man dun dos nosos colaboradores, Francisco Santiago López, que nos permite subir en exclusiva estes fermosos vídeos sobre a súa pasión: a natureza.

Este corcubionés defínese como un auténtico "bicheiro", porque máis alá da súa enorme admiración poal figura do lobo, adoece por cazar, co obxectivo, calquera clase de animal salvaxe. Xa temos visto con el, ademais de lobos e cabalos, aves, golpiños, lontras, xabaríns, lagartos...

Hoxe, pasamos con el unha fin de semana no Parque Natural de Monfragüe, en Extremadura. Alí tiveron unha problemática moi semellante á nosa cos eucaliptos, pero os veciños souberon reaccionar a tempo e reforestar con especies autóctonas como sobreiras, carballos, encinas... propias de bosque mediterráneo.

A naturaleza agradeciuno, e hoxendía a vida flúe. Preparádevos pois para ver unha morea de especies de gran valor ecolóxico. Podemos ver por orde de aparición un buitre leonado, un alimoche, cigüeña negra, buitre negro, águia imperial, bufo real e un cervo.

Aquí vos deixamos coa última produción de Signatus Films, como denomina á súa produtora persoal, facendo referencia a un dos nomes do lobo galego: canis lupus sigantus.

Aquí vos deixamos co paseo que deu Francisco por Monfragüe:

Novas relacionadas

Vídeos naturais de Francisco Santiago López

Fonte

comentarios