Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un repaso ao estado da Autovía da Costa da Morte

Un repaso ao estado da Autovía da Costa da Morte

Declaracións de Agustín Hernández sobre a VAC

Pincha para escoitar a Agustín Hernández:

Agustín Hernández sobre a VAC Nótase que estamos en campaña. Se a semana pasada en Muxía colocaban a primeira pedra do Parador para sacar a foto de familia, e este sábado o mesmo Ministro de Xustiza se achegará a Lires para visitar as obras do heliporto, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, tamén quere saír na prensa. Para iso acaba de visitarnos para coñecer o estado das obras da autovía Costa da Morte, que deron comezo no primeiro día do pasado mes de agosto. O punto de encontro foi na estrada que une as localidades de Baio e Cabana de Bergantiños, AC-430, p.q. 1+500 (Baio). Ademais , lembraron que a Variante de Cee, concretamente o treito Cee-Sardiñeiro, o máis avanzado, entrará en servizo antes de que remate o ano. Segundo sinala o propio conselleiro, o movemento de terras que se están a levar a cabo neste momento supoñen case o 90 % do trazado. Por agora as obras consisten no desbroce para acometer as zonas de cautela arqueolóxica, que requiren de estudos, como ocorre na zona do enlace de A Piolla, Balouco e Caxadas. Está previsto que no mes de outubro, ademais da continuación dos traballos anteriores, comece a construción das obras de fábrica como pasos inferiores e o comezo dos traballos de execución dos viadutos. Con todo isto, estímase que a día de hoxe o porcentaxe realizado de execución da inversión é do 5%. Nestes momentos esta actuación está a dar traballo a máis de 250 persoas e atópanse 122 máquinas operando, fundamentalmente, nas labores de movemento de terras. Os 42km que unen Carvallo e Berdoias terán que estar en funcionamento en agosto de 2013.

Novas relacionadas

Comentarios