Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Un repaso en imaxes das obras da Autovía Costa da Morte

Un repaso en imaxes das obras da Autovía Costa da Morte
Obras da autovía Costa da Morte en setembro de 2015 Obras da autovía Costa da Morte en setembro de 2015 O pasado 22 de setembro, a Xunta confirmaba que as obras da autovía da Costa da Morte están executadas ao 56%. Este dato é suficiente para que garantan "a súa posta en servizo nesta lexislatura”; é dicir, o próximo verán. Así que o equipo de redacción de QPC desprazouse ata alí para comprobar o estado das obras realizando un percorrido entre o tramo que discorre entre Agualada ata Baio. Cabe recordar que despois da paralización das obras, a UTE comprometeuse a construir tan só 27 dos 42 kilómetros totais da autovía. Polo que nestes momentos e aínda se novidades sobre o segundo tramo, as obras estarían realmente realizadas nun 25%. Un dos puntos máis espectaculares, encanto á execución das obras, é o viaducto Lume de Suso. Éste é o máis grande de todo trazado que conta cunhs trinta metros de altura e case 250 metros de longo. Aquí as obras avanzan a pasos axigantados xa que na actualizade están poñendo o forxado que aguantará do firme da estrada. Ainda que unha gran parte do trazado da autovía discorre por zonas de monte e labradía hai outras na que a estrada queda xusto ó carón dalgunhas casas. Así, en puntos como Agualada, Cazón (A Piolla) ou Os Regalados (O Allo), a autovía queda pegada ás casas. A gran velocidade á que avanzan as obras compróbase no estado do firme dalgúns puntos do tramo que discorre entre Agualada e Baio. Así, a altura de Sobreira (en Zas) as empresas traballan xa no asfaltado da carretera. Algúns impedimentos, como o traslado dun poste de luz, impide que o movemento de terras esté ao 100% executado no tramo que discorre entre Agualada e Baio. Na zona do Rempenín (Cabana de Bergantiños) o trazado da AC-550 modificouse e obrigou a realizar dúas rotondas. O longo do tramo que comunicará Agualado con Baio hai varios puntos no que as máquinas traballan no firme da carretera. O punto final desta primeria execución da autovía Costa da Morte remata co corredor Baio-Santa Irene. Aquí, hai puntos nos que aínda se está traballando no movemento de terras. Este primerio tramo da Autovía da Costa da Morte, discorre polos concellos de Carballo (no que conecta coa AG-55), Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e o termo municipal de Vimianzo (ata Santa Irene). Cruce da Piolla Precisamente onte, a Xunta informou onte que reforzará a seguridade viaria do cruce da Piolla, no concello de Zas, a través dunha glorieta que se porá en servizo ao mesmo tempo que a Autovía da Costa da Morte. Nese sentido, o Goberno galego garante o cumprimento do compromiso acadado cos veciños. Mentres tanto, e co obxectivo de minimizar a afección á densidade de tráfico que rexistra esa estrada entre Cee e A Coruña ao seu paso polo núcleo da Piolla, artellouse unha solución provisional. En concreto, executouse unha intersección perpendicular á AC-552, sinalizada como provisional de obras ata a execución da glorieta definitiva.

Novas da Autovía

Artigos relacionaddos

Fonte

Comentarios