Un veciño de Carballo intenta matar a machetadas á súa parella e entrégase á Garda Civil
09:31 15/10/15
Edificio da Rua Poñente de Carballo onde aconteceu o intento de asasinato machista
Conmocionada está a parroquia carballesa ante o suceso que acontecía esta pasada madrugada. Un home, de 79 anos, intentaba matar a machetadas á súa parella na casa na que ambos vivían na vila de Carballo.
El mesmo entregábase pouco despois nas dependencias da Garda Civil, e as unidades policiais acodían ao domicilio a rescatar a señora. Con varios cortes graves, foi trasladada ao CHUAC.
O autor desta noa agresión de violencia de xénero foi xa trasladado ao cárcere de Teixeiro.
Fonte
- Radio 5.
- La Voz.