Unha campaña de sinaturas contra as batidas ilegais do lobo


Segue a ser o tema do lobo un asunto tremendamente complicado en Galicia. Gandeiros e ecoloxistas, coa administración de por medio, non chegan nunca a un termo de equilibrio, e ao final, o que sae perdendo é o de sempre: o lobo.
Desta volta, a asociación ACOPO, despois de denuncialo con claros vídeos, vén de abrir unha campaña de colleita de sinaturas a través da plataforma Change.org, chamada “Protección del Lobo en Galicia ante las batidas y acciones ilegales”. Unha campaña para para pedir protección para o lobo ante as batidas ao xabarín que se celebran en Galicia a finais de verán.
Xa pasan das 3000 sinaturas e buscan alcanzar as 5000 para trasladarlle á administración a preocupación da sociedade civil por este asunto. A xente de ACOPO recoñece que conseguir probas de peso (xa temos visto durísimos vídeos das batidas) é complexo. Pero por iso chama á cidadanía para esixir á Xunta “maior implicación na conservación do lobo, e que se revisen os criterios para a autorización de batidas ao xabarín a finais de verán cando os cachorros aínda permanecen no lugar de cativa”.
Propoñen que “non se autoricen estas batidas polo menos ata o mes de novembro (momento no que os cachorros xa acompañan aos seus pais nos seus desprazamentos), e que sempre que se leve a cabo unha batida no lugar de cativa do lobo haxa un axente da autoridade presente, velando para que todo transcorra dentro da legalidade.”
Máis información
Novas relacionadas
- O lobo paga coa súa vida a irresponsabilidade da Xunta.
- O lobo galego chega ao Parlamento Europeo.
- Asasinos de lobos? ou de lubicáns?.
Máis vídeos naturais
- O lobo, o último gran carnívoro supervivente na Costa da Morte.
- Breve etoloxía do lobo ibérico por Francisco Santiago López na Costa da Morte.
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López.
- Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros.
- Denuncian a grave deforestación da Devesa do Anllares.
- De viaxe polos humidais costeiros con Francisco Santiago López.
- O Félix Rodríguez de la Fuente costeiro retrata a paisaxe do sistema do Xallas.
- Signatus Films caza o derradeiro lobo ibérico na Costa da Morte.
- A ollada de Francisco Santiago López á fauna salvaxe da Costa da Morte: O xabarín.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).