venres. 23.05.2025
El tiempo

Unha expedición de mozos de Senda Nova, de viaxe ambiental a Eslovaquia

Unha expedición de mozos de Senda Nova, de viaxe ambiental a Eslovaquia
Voluntarios de Senda Nova que iran a Eslovaquia

Non para a xente da Asociación Ambiental Senda Nova, que este ano estira as fronteiras da Costa da Morte ata Eslovaquia, nada menos. E faino para participar no proxecto europeo “Pasta la Vista", na rexión de Gerlachov, impulsado pola entidade eslovaca “Regionálne centrum mládeže”, con estreitos lazos coa nosa dende o proxecto XEM de Senda Nova, celebrado e impulsado pola nosa asociación no ano 2014.

A entidade bergantiñá compartirá a semana do 15 ao 22 de agosto compartindo actividades con entidades de Eslovaquia, Grecia, Lituania, Rumanía, Georgia e Italia dentro dun proxecto para mozos e mozas, no que aprenderemos a cociñar e a mellorar os hábitos de comida, así como a desenvolver a interculturalidade a través da cociña de cada país. Farémolo mediante a práctica, con obradoiros e, sobre todo, coa convivencia. 

Para representar a Senda Nova e a Galicia neste intercámbio europeo, en Senda Nova valoran de xeito especial o traballo voluntario dos mozos e mozas en entidades da Costa da Morte. Deste xeito, dos máis de 20 interesados e interesadas no proxecto, viaxarán 5 persoas comprometidas coa dinamización social, ambiental e cultural das comarcas de Bergantiños e Soneira.

Os afortunados voluntarios viaxeiros serán:

  • Roberto Iglesias: estudante de oceanografía na universidade de Vigo e membro activo de entidades adicadas ao coidado de acuarios para manter e preservar especies autóctonas de Galicia.
  • Lorena Cancela: voluntaria en activo da Cruz Vermella Carballo, realizando tarefas de captación de financiación, organización  de alimentos e no proxecto "Avoas e avós educadores".
  • Laura Torres: membro activo e da parte organizativa das Asociacións Cultural e Xuvenil Arume de Verdillo, desta última tamén pertence a directiva. Asociacións que intentan manter e preservar a cultura eo folclore galego.
  • Ainoa Antelo: membro da directiva da Asociación Cultural Castro-Meda de Zas. Membro da parte organizativa de diversas actividades como a Festa da Carballeira ou o San Xoán en Zas; tamén realizan diversas actividades de mantemento e preservación da cultura e o folclore galego. 
  • Ángela Cambón: voluntaria en diversas entidades entre elas Senda Nova, da cal forma parte da directiva e do núcleo organizativo. Responsable da organización do intercambio e monitora do grupo de participantes que viaxan con Senda Nova.
Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasancosta.com)
  • Senda Nova

Comentarios