Luns. 18.11.2019
El tiempo

Varias confrarías únense para defender o percebe ante a extracción da mexilla

Percebeiros de Laxe-Foto-José Manuel Ojén
Percebeiros de Laxe-Foto-José Manuel Ojén
Varias confrarías únense para defender o percebe ante a extracción da mexilla

Aos problemas polo desorbitante incremento das tarifas de cotización, ás confrarías costeiras saeulles un novo problema. A semana pasada os percebeiros do Roncudo comprobaban como xentes do sector da acuicultura do mexillón esquilmaban de mexilla varias das pedras más valiosas do seu percebe. Mexilla que usan como semente nas bateas, e para a que o sector acuícola non ten apenas restricións.

O caso é que teñen comprobado que o mellor percebe sae no medio do mexillón, tende a ter unha cor máis vermella, e é máis carnoso. De aí que a extracción da mexilla sexa un pau importante para o sector dos percebeiros (poden acceder a calquera zona sen avisar, non pagan por descarga, non deixan nada na confraría…).

Por iso dende a confraría de Corme vén de convocar unha reunión para esta tarde na vila cormelá, na que tratarán o asunto e enviarán unha postura común á xunta. “Non é o mesmo que falemos un só, que fagamos forza entre varios”, resalta o percebeiro e patrón maior de Corme Roberto Vidal Souto, que sabe que “o sector do mexillón é intocable”.

Deste xeito, as Confrarías Corme, Muxía, Camelle, Camariñas, Laxe, Ferrol, Malpica falarán esta tarde do asunto, e ter unha voz única ante a Xunta, intentar que faga unha lei máis estrita porque ata agora non teñen absolutamente ningún control.

Propostas

Dende Corme levan varias propostas

  • Que pasen un control pola confraría e pague un imposto como todo o que se descarga no porto.
  • Que a propia confraría leve un control nas zonas de traballo da extracción de mexilla de xeito que poida restrinxir as zonas boas de percebe.
  • Que os mariscadores ou percedebeiros de cada confraría se convirtan en sumistradores da mexilla. “Nós sabemos onde podemos ir e onde non. Ademais se nos dan esa opción de asumir a mexilla poderíamos darlle 3-4 meses de veda ao percebe, porque xa temos as rochas algo tocadas”, explica Vidal.

Novas relacionadas

Comentarios