Venres. 04.10.2024
El tiempo

Varios investimentos na Costa da Morte forman parte da orde do día do pleno da Deputación

Varios investimentos na Costa da Morte forman parte da orde do día do pleno da Deputación
A deputacion achegara 20000 euros para cofinanciar os servizos da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo A Deputacion achegará 20000€ para cofinanciar os servizos da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo A Deputación da Coruña celebra ás 12 horas de hoxe a sesión plenaria ordinaria correspodente ao mes de xuño. Entre os asuntos da orde do día figuran varios investimentos na Costa da Morte tales como a aprobación dun convenio co concello de Carballo para o mantemento da Unidade Asistencial de Drogodependencias - UAD - durante o 2016. No caso da UAD carballesa, que ten ámbito de actuación comarcal, a Deputación achegará 20000 euros para cofinanciar os servizos de atención e tratamento a persoas con problemas de drogodependencias dos concellos de Carballo, Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, Laracha, Muxía, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Zas, Corcubión e Dumbría. Fundada en 1994, a Unidade Asistencia de Drogodepedencias de Carballo é a primeira da área sanitaria da Coruña, con máis de 1.200 persoas atendidas nos últimos anos. Outros investimentos Por outra parte, a Deputación da Coruña celebra a partir das 12 horas de hoxe, a sesión plenaria ordinaria correpondente ao presente mes. No pleno someterase á aprobación da corporación a derradeira fase do Plan de Acción Social (PAS), que incluirá un total de 184 obras en 43 concellos, cun investimento de 16,5 millóns de euros. O pleno dará luz verde tamén a dous convenios coa Fundación Exponav para financiar a reparación da cuberta e os lucernarios do edificio de Herrerías para apoiar as actividades do museo, e ao convenio co concello de Maplica para financiar a XXXIII edición da Mostra da Olería de Buño. Na orde do día figura tamén a aprobación de diversas obras nos concellos de Cabana de Bergantiños e Carballo, entre outros da provincia. Fonte  

Comentarios