luns. 23.02.2026
El tiempo

Vieiro lanza Protego, unha nova escola de familias sobre adestramento en parentalidade positiva e habilidades educativas

Presidenta Fina Rey e a Responable de Formación María del Carmén Bello da Asociación Vieiro
A responable de Formación, María del Carmén Bello coa Presidenta da Asociación Vieiro Fina Rey
Vieiro lanza Protego, unha nova escola de familias sobre adestramento en parentalidade positiva e habilidades educativas

A Asociación Vieiro presentan “Protego” presenta unha nova escola de familiar. Desta volta trátase dun programa de adestramento en parentalidade positiva e habilidades educativas dirixido a pais e nais con fillos e fillas de entre 9 e 13 anos.

Nace co obxectivo de promover a parentalidade positiva nos pais e nais con fillos e fillas preadolescentes e a mellora das habilidades educativas: comunicación, establecemento de normas e límites, supervisión, fortalecemento dos vínculos entre pais e fillos e clarificación da posición familiar respecto ás condutas problemáticas e de risco.

Os obxectivos do programa son: 

  • Mellorar a cantidade e calidade da comunicación familiar.
  • Fortalecer os vínculos entre pais e fillos e a vinculación dos fillos á familia.
  • Mellorar o seguimento e a supervisión da conduta dos fillos.
  • Aumentar a utilización de métodos de disciplina positiva por parte dos pais/nais.
  • Capacitar ás familias para establecer normas de conduta aos fillos, claras e coherentes.
  • Mellorar a capacitación dos pais/nais para definir normas familiares sobre diferentes condutas problemáticas da adolescencia, como o uso de sustancias.
  • Aumentar nos fillos/as a percepción de desaprobación familiar cara ás condutas problemáticas, tales como o consumo de sustancias.
  • Aumentar o uso de estratexias de resolución de problemas na educación dos fillos/as.

 


Prolongarase ata o mes de maio. As sesións teñen unha duración de unha hora e media. Aínda que a participación é totalmente gratuita, require un compromiso de asistencia para favorecer a continuidade e o bo funcionamento dos grupos.


As persoas interesadas poden inscribirse contactando coa Asociación Vieiro no teléfono 981 75 61 61 ou por WhatsApp ao 604 07 58 15. Para calquera consulta, poden utilizar estes mesmos canais.

Comentarios