Vimianzo acolle a presentación dun libro sobre os primeiros apelidos da parroquia de Berdoias
07:05 30/01/19
- Cales son os apelidos máis típicos do teu concello?.
- Dos Maria del Carmen e José Manuel aos Noa e Mateo: A evolución dos nomes na Costa da Morte.
A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este venres, a partir das 20.00 horas, a presentación do libro "Antroponimia e lexicografía", publicado polo Consello da Cultura Galega en colaboración co ILG (USC), no que se inclúe unha investigación sobre os primeiros apelidos na parroquia de Berdoias (séc. XVII).
Ao acto asistirá a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, xunto con Ana Isabel Boullón Agrelo, a editora da publicación, profesora da USC e da directiva de AGOn (Asociación Galega de Onomástica), máxima responsable da obra en curso "Dicionario dos Apelidos Galegos". Tamén estarán presentes Xosé María Lema, quen dará unha charla sobre os apelidos de Berdoias do séc. XVII, e o acalde de Vimianzo, Manuel Antelo.