Venres. 19.04.2024
El tiempo

Zas amplía a campaña de recollida de plásticos agrícolas

Zas amplía a campaña de recollida de plásticos agrícolas
recollida-plasticos-agricolas recollida-plasticos-agricolas Co obxectivo de manter limpo o contorno e de darlle unha nova vida aos refugallos plásticos agrícolas, o concello de Zas vén de ampliar a súa campaña de recollida porta a porta que, a partir de agora, pasará a facerse ao longo de todo o ano e non puntualmente como era até o de agora. Gandeiros e agricultores deberán de poñerse en contacto coas dependencias municipais a través do número de teléfono 981 70 83 03. Os plásticos deberán depositarse no lugar sinalado o máis limpos posibles e atados de maneira que facilite a súa recollida. Unha empresa encargarase de realizar a recollida así como do transporte dos refugallos plásticos até a planta de tratamento onde se someterán a un proceso de reciclaxe do que se obterá materia prima para a fabricación de bolsas de lixo ou polietileno, dándolle así unha nova vida aos plásticos. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios