Sábado. 19.09.2020
El tiempo

19 anos do Xiria Pop

19 anos do Xiria Pop
Festival Xiria Pop 2016

19 anos leva o festival traendo a mellor música pop do mundo (si, do mundo) a Carballo. O Xiria Pop 2016 xa ten cartel, e bandas para os venres 23 e sábado 24 de setembro. Dende Londres, Glasgow, Barakaldo, Vitoria ou París chegan algunhas bandas, que completarán a marcha con un par de grupos da zona. Un verdadeiro luxo para a comarca de Bergantiños ter este festival, pequeno, pero tremendamente recoñecido no mundo da música pop.

Con este cartel de Crist Andrade (a orde dos grupos só é estética, aínda non está perfilada a orde das actuacións), imos presentando a cada banda, da man de Xabier Graña, o verdadeiro culpable de que o festival siga sendo unha realidade. Quen mellor que el para contarnos quen estarán na Sala Dublín.

 

Aula 11

Os anfitrións. Facía bastantes anos que non tocaba no XIRIAPOP un grupo de Carballo, estamos moi ledos de que volvamos ter un, e non é que en Carballo non teñamos bos grupos, so é que non aparecía o baixo o noso ponto de vista encaixase nas propostas do festival.

Cando os vin por primeira vez, na Reserva, aínda con Manu, chamáronme a atención, con 16 anos, de todo o repertorio, so tiñan unha ou dúas versións, o resto, xa seis ou sete cancións, propias…e chulas. Garaxe Punk que non desmerece nada dos inicios da maioría das bandas deste estilo e xa consolidadas. Actitude e cancións.

Foron finalistas do Proxecto Demo de Radio3, e non me extraña, e mais, creo o debían gañar.

Finalmente, aclarar para os que non o saiban, que xa teñen un EP “ Tarde, Mal y arrastro “, que venden a só 5€, e que posto ao 10, como piden as cancións, resulta absolutamente contaxioso e reclama , como non, o que ten que reclamar un disco destes, reclama bailar sen parar.

 

Octubre

Empezan no 1995 en Caravaca de La Cruz, pero non é ate o 2001 que graban o seu primeiro disco “Mi última y mejor oportunidad” (Bip bip records), aínda que previamente meteron varias cancións soltas en recopilatorios coma un homenaxe a Los Flechazos, no 2002 tamén Bip bip, pónlle no mercado o Ep “Todo pasa y no volverá”, no 2006 editan “ Cuando todo parecía perdido” (Rock Indiana), no 2010, igualmente con Rock Indiana “Todo se lo lleva el viento”, e finalmente, no 2015 sacan o fantástico “Mouseland” onde a parte dos nove temas propios hai unha versión, bastante fiel por certo, do “Nos falta fé” de Juan y Junior.

Octubre levan tocado nos festivais pop mais importantes, dende o Purple Weekend ou o International Pop Overthrow que se celebra anualmente en The Cavern, ao Lemon Pop, pasando polo Felipop.

De Mousland din en Magic Pop –dos mellores blogs sobre pop estatal, senón o mellor-:
”… Una decena de excelentes canciones con las que esta banda murciana ha redimensionado sus inmejorableas artes compositivas, así como perfeccionado su evidente destreza instrumental. De este modo engrandecen, más si aún cabe, ese ya de por si amplio universo propio, tanto melódico como rítmico, aunando cautivadores arreglos musicales con un ejercicio poético extraordinario a base de letras vivaces y sentimentales, algunas de ellas no exentas de hiriente crítica social…”
E tamén: ”… Si bien es cierto que Octubre mantiene con este nuevo disco sus ideas musicales fundacionales , que hasta el momento les han distinguido como uno de los mejores grupos españoles de pop de todos los tiempos…”

A banda está encabezada por José Esteban Martínez que é o único dos músicos orixinais do proxecto e ademais é o cantante e compositor principal.

 

Vic Godar & Subway Sect

Subway Sect, formouse por “invitación” de Malcom McLaren cando este estaba argallando o primeiro festival punk en Lond.res, celebrado finalmente os días 20 e 21 de setembro de 1976 e bautizado como o 100 CLUB PUNK FESTIVAL, os grupos participantes foron: Subway Sect, Buzzcocks, The Clash, Sex Pistols, Siouxie and the Banshees, Vibrators e Damned. Vic Godard formaba parte da banda. No 1977 participaron no WHITE RIOT TOUR e sacaron o primeiro single, no 1978 o manager bota a toda a banda excepto a Vic Godard, e non é ate o 1980, cando con novos músicos, e xa como Vic Godard & Subway Sect , sacan o primeiro Lp “What´s the Matther boy?”, no 1982 o seguinte “Songs For Sale” e ate o 2010, non ven o seguinte, para finalmente, no 2014 sacar o maravilloso “1979 Now!” producido por Edwyn Collins; no medio, entre o 1982 e o 2010, Vic Godard segueu a sacar discos grandes, catro concretamente e varios singles.

“Para mí un inmejorable ejemplo de conservar esa intensidad haciendo algo completamente nuevo fue Vic Godard y los Subway Sect. Y sigue haciendo cosas magníficas, habiendo superado el punk. En el caso de Subway Sect, creo que el punk no resultó una limitación. De hecho, fue algo muy importante, porque les proporcionó un vehículo para sus ideas y les ofreció una audiencia dispuesta a escucharlo. Y les enseñó que la composición de buenas canciones, que es lo que después de todo hace Vic Godard, podía pertenecer a cualquier lugar y género.” (Stephen McRobbie, The Pastels) nunha entrevista feita por Kiko Amat para PlayGround Artículos.

Vic Godard é un dos músicos con mais persoalidade de todos os que floreceron no 77, xa era unha rara avis dentro de aquel mogollón de guitarradas saturadas e ruidosas, o seu sempre foi a melodía, as cancións, e segue a ser agora, “1979 Now!” é un disco de northern soul, un disco precioso, onde as cancións son as protagonistas.

Os amigos de Desconcierto.com comentan cando se enteran de que Vic Godard & The Subway Sect van vir ao XIRIAPOP: “Para muchos de nosotros, el gordo de la lotería de Navidad cayó ayer en nuestras manos; el XIRIAPOP carballés…. Anunciaba la incorporación a su cartel 2016 de una leyenda viviente, Vic Godard. Además, hay fuentes que citan a The Subway Sect, su banda de toda la vida, como quienes lo acompañarán, vamos, juguete completo, juguete Comansi”. Pouco máis se pode engadir.

 

The Wellgreen

Son escoceses, de Glasgow…iso no pop xa supón sangre azul, si ademais dicimos que algúns acompañan a Belle&Sebastian, ou a Euros Childs (antes líder de Gorky´s Zygotic Mynci), e que son o grupo favorito dos BMX Bandits, xa temos a certeza de que temos diante un grupo importante, non famoso, IMPORTANTE.

Si hai algún grupo que a día de hoxe sexa un compendio do mellor do pop de guitarras de sempre, ise é The Wellgreen, si pechamos os ollos e so os escoitamos, pásannos pola cabeza os Beach Boys, por momentos os Beatles, os Kinks, e de todos eles, todas as épocas. É unha posta ao día maravillosa, un bo resumo do mellor pop, un resumo maravilloso.

Aquí hai cancións, melodías, armonías e voces, de todo mais que dabondo, hai psicodelia, garaxe, beat, powerpop. Explicao mellor Miguel Angel Mengó no diario Las Provincias:
”…lo que ofrecen The Wellgreen: canciones como puños que abrazan dulcemente, arropando con melodías bien tejidas y armonías vocales perfectamente urdidas para que todo el pack resulte eficaz y funcione desde una óptica propia…”
…Su traslación al directo es verdaderamente soberbia, de dejar la boca abierta. Carisma, perfección y actitud…”
E finalmente… “está bien que el arte busque nuevos caminos, pero hay ocasiones en que sencillamente con un poco de pop del de toda la vida se queda uno con la sonrisa tonta toda la semana.”

 

Brand New Sinclairs

Grupo barakaldés que empezaron no 2004 como The Sinclairs e que pasaron a ser Brand New Sinclairs no 2007, sempre liderados por Ana Pérez. No 2009 presentan o seu primeiro albúm “Ten Blue Pills” (Bip Bip Records), soul, garaxe e r&b. O segundo Lp “Healing Souls” (Flor y nata) que sae no 2011 é producido por Hans Krüger e segue básicamente a mesma liña que o primeiro pero a maiores hai algún instrumental e tamén pinceladas de garaxe punk e revival mod, todo mellorado respecto ao primeiro ao notarse mais pericia técnica e ao estar a banda moito mais rodada. No 2015 editan o terceiro e derradeiro traballo ate agora “Brand New Sinclairs & other chronicles” (Clifford Records) producido por Hendrik Röver en Guitar Town Recordings e en directo; como non podía ser de outro xeito estando aos mandos Hendrik, máis frescura e máis intensidade, as guitarras e a voz mais afiadas, blues, r&b e soul, e todo mais rabioso, resumindo, un DISCAZO.

 

The Hellbuckers

Un día, uns músicos veteranos de Cedeira (Los Eternos), grabando un vídeo, atoparon a unha coruñesa, cantante, profesora de canto, bailarina de burlesque… Carla de Figueredo… foi un flechazo, e coma sempre nestes casos, había que facer algo xa, ese algo é THE HELLBUCKERS, por certo, unha combinación de Humbuckers (pastillas de guitarra) e Hell (inferno), tal cal a realidade, soul power por todolos curros.
Ademais de un primeiro single, sacaron fai escasas datas o seu primeiro disco longo “Demons”, disco que están a presentar este verán, tamén no XIRIAPOP.
Cabe comentar tamén que son un dos grupos mais queridos na SALA SON de Cangas, o cal, tendo en conta o que por alí xa ten tocado, ten mais que mérito e di moito e bo dos HELLBUCKERS.

 

The Allnighters

Banda de Vitoria que arranca no 1988 con cinco chavales obsesionados co Rhythm and Blues. No 1991 publican unha maqueta autoproducida, con xa seis temas propios, e para a súa sorpresa venderon 2.500 copias. Ao mesmo tempo, empezan a ser coñecidos os seus explosivos directos, o que lles leva a tocar, por exemplo, xunto a Wilko Johnson, Barrence Withfield, Ian Dury, ou os The Blues Brothers Band. Aínda asi, tiveron que esperar ate o 1994 para editar o seu primeiro Lp “ Midnight Boogie” (Oihuka), compendio de blues de Chicago, soul, boogie e moito r&b via británica. Xa no 1995 graban con Paco Loco o seu novo disco, un EP “Like the Devil (I will love you) (Marriott Records) a base de soul e r&blues, mais arranxado,pero sen perder unha gota de frescura. En outubro do 1996 novo LP, “Keep on Keepin´on” (Al.leluia Records), producidos agora por Fernando Pardo (Sex Museum), amplían aquí o abano estilístico, engadido funk e jazz de baile. A partir de aquí, e despois dunha magnífica acollida do disco por parte da crítica, o grupo empeza a tocar por fora, Francia, Italia e sobre todo Alemania, onde teñen unha boa lexión de siareiros e teñen que ir tocar catro veces. Finalmente, no 1998, e despois do abandono de Iñigo (teclados e guitarra) e Matías (baixo) o grupo decide disolverse, pero antes…graban o disco derradeiro “Ten long Years” tamén editado por Al.leluia Records e onde reflicten a cara mais bailable do r&b e do soul, mais funk.

No XIRIAPOP2016 presentaran o novo disco despois de terse xuntado dous anos antes, o disco estará quentiño, quentiño.

 

Shaggy Dogs

Banda parisina sucesora directa das bandas lexendarias do pub rock dos setenta e oitenta, dos Dr. Feelgood, os Inmates, os Nine Below Zero… aínda que seguramente mais festiva e bailona que aquelas, según a propia banda fan “Blues´n roll fiesta”.
Seis discos propios xa dende 1999, o derradeiro ate agora “Bababoomba” e participacións en varias recopilacións, duas delas dedicadas a Lee Brilleux. O anterior disco “Renegade party” foi producido por Al Scott, productor entre outros de Joe Strummer ou Asian dub Fundation.
Son habituais nos festivais de blues máis importantes de Europa e representaron a Francia no Europena blues Challenge do ano 2013.

 

Fonte

comentarios