Luns. 07.10.2024
El tiempo

3 meses de actividades para coller Apego polo galego dende o berce

3 meses de actividades para coller Apego polo galego dende o berce

Encántanos o proxecto APEGO, están a desenvolver varios concellos de Galicia, entre eles o de Carballo e o de Carnota. Por Carballo, onde están inscritas unhas 60 familias, implicando a nenos de ata 6 anos, continúa creando argumentos para facilitar que os pequenos adquiran o galego como lingua inicial.

Todas recibiron xa unha caixa de benvida cunha mantiña-boneco-apego, un libro de recomendacións para a crianza, un álbum de primeiras experiencias e outros materiais, e algunhas desas familias, naqueles casos en que o neno ou a nena xa naceu, recibiron tamén un disco cunha selección de música infantil en galego.

Agora tocan accións, e por iso o Concello carballés presenta un completo programa de actividades formativas, informativas, lúdicas e de dinamización para o apoio á crianza dos nenos e das nenas ata 6 anos, para axudar a tecer redes de apoio e facilitar a socialización en lingua galega. Conforman este programa un total de 16 actividades, algunhas con dobre edición, para facilitar que poida participar máis xente, nuns casos dirixidas a nais e pais, como os diversos obradoiros e charlas; noutros casos aos propios nenos e nenas, como os contacontos ou concertos; e noutros casos a formadores e formadoras infantís, como a xornada de achegamento aos recursos educativos.

Participan nas citas nomes como a compañía Trinketrinke, Xabier Díaz e Guillerme Fernández ou Pablo Díaz con citas na Biblioteca Rego da Balsa, no Pazo da Cultura ou mesmo no Fórum entre outubro e decembro de 2015.

Programa Apego Carballo outubro 2015 Maquetación 1 Maquetación 1

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios