mércores. 14.05.2025
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte continúa cargada de festas para todos os gustos

A #AxendaCostadaMorte continúa cargada de festas para todos os gustos
axenda costa da morte 16, 17, 18 setembro 2016 A volta ao cole e a baixada de temperaturas provocou unha entrada sicolóxica no outono. Ainda así a #AxendaCostadaMorte desta terceira fin de semana de setembro continúa cargada de festas para todos os gustos. Dende as máis temáticas - como a da pataca en Coristanco ou a cabalar en Mazaricos - ata as máis populares a ritmo de orquesta. E ademais, segundo o parte costeiro de 4gotas.com, volve o verán. "O anticiclón volverá a asomarse a Galicia a partir do hoxe. Ainda haberá nubes e algún chubasco na madrugada ou primeira hora no norte da Costa da Morte. Xa pola tarde irá gañando paso o sol, pero aínda con fresco. Máximas no arredores dos 20ºC. O sábado e o domingo irán subindo as temperaturas, especialmente entre Fisterra e Muros. Na parte máis norte da Costa da Morte quedaremos nos 21-22ºC de máxima o sábado e 22-23 o domingo, pero no sur e en puntos do interior protexidos do nordés, o domingo pódense superar os 25 grados. Así, que, fin de semana perfecto para facer cousas ao aire libre e mesmo para ir a praia, sobre todo o domingo, e mellor buscando unha protexida do vento do nordés". Festa da Pataca Coristanco ríndelle homenaxe a un dos productos máis prazados: a pataca. Os actos xa comezan o sábado, mais o día grande é o domingo onde non faltará o tradicional desfile de tractores engalanados, a degustación da pataca e os xogos tradicionais. Esta 36 edición estará marcara pola escaseza do tubérculo debido ao mal tempo durante a época da sembra. Feira cabalar e circo na Picota (Mazaricos) O recinto feiral da Picota, en Mazaricos, acolle mañá unha feira cabalar na que haberá concuros morfolóxico, probas de andadura, concurso de burros e trotóns. Os establecementos hostaleiros ofrezarán menús específicos. E xa pola tarde, a partir das 17 horas, terá lugar a gala do Circo no campo da feira. Festas
  • Carnota celebra hoxe e mañá as festas das Dores. O venres arrincará a troula ás 21:00h con degustación de empanadas e gaitas, para dar paso á orquesta Metrópolis. O sábado a festa comeza xa pola mañá e remata coa verbena a cargo da orquesta Fenix e da disco móbil Factory.
  • As festas da Fátima de Cambeda (Vimianzo) comezaron onte. Hoxe continúan coa orquesta Ciclón e coa discoteca móbil CDC.
  • En Castriz (Santa Comba) arrancan hoxe tres días de festexos coa festa do calimocho e cunha disco móvil. Mañá e o domingo, continúan as celebracións. O fin de festa virá da man do Combo Dominicano.
  • En Bértoa (Carballo) terán festas hoxe e o domingo na hora á Santa Eufemia. Haberá oficios relixiosos os dous días e tamén música da man da orquesta Trebol e dunha disco móbil (hoxe) e da orquesta DZona e Quién lo Diría (o domingo).
  • A orquesta Alianza será a encargada de amenizar tanto a sesión vermú como a verbena da festa en Verdillo na honra da Virxe da Dolores.
Exposicións e outras citas
  • Exposición no Faro Vilán: ata o 30 de setembro, poderán disfrutar na sala que xestiona a asociación no faro Vilán da exposición de pintura “50 Faros de Galicia” de Javier Toba
  • O centro cívico de Malpica acolle dende mañá e ata o vindeiro día 2 de outubro a exposición artística “Aldeas sen Voz” composto por 139 fotografías de Vicente Ansola, 21 poemas e 9 relatos de distintos autores.
  • Visitas guiadas en Vimianzo. Durante o mes de setembro, continúan as visitas guiadas no Castelo de Vimianzo e nos Batáns do Mosquetín. Son os sábados e domingos ás 12 e as 17 e ás 13 e 18 horas respectivamente.
  • As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
  • Sendeirismo en Vimianzo. Mañá continúa o programa “Pon as botas!” cunha andaina na que se visitarán os Penedos de Pasarela; c a única paraxe protexida da Costa da Morte.
  • Xornada sobre os naufraxios en Malpica. O local social de Cambre (Malpica) acolle hoxe a primeira xornada interxeracional de memoria oral sobre os naufraxio. Ermitas Blanco Lema, Asunción Vila Cotelo, Jaime Vila Cotelo e Antonio Veiga Fernández, moderados por Xosé Manuel Varela Varela, recordarán as historias de naufraxios vividas por eles e polos seus antepasados.  A segunda cita destas xornadas será mañá sábado, ás 19 horas, no local social de Barizo.
Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios