Venres. 29.03.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte despide a un completo mes de setembro

A #AxendaCostadaMorte despide a un completo mes de setembro
axenda costa da morte 23 setembro 2016 Tanto o parte costeiro para esta fin de semana como a #AxendaCostadaMorte traen un pouco de todo. Segundo indica 4gotas.com haberá sol, vento e choiva, unha situación moi típica do outono no que entramos onte á tarde. E en canto ás actividades programadas para estes días tamén haberá moita variedade: citas deportivas de primeiro nivel, festivais, roteiros guiados e algunha que outra verbena. Hoxe será un día con moito sol. Iso si, con matices. Néboas matinais no interior da Costa da Morte durante boa parte de mañá e con nubes que irán chegando á costa entre Fisterra e Carnota a partir da media tarde toldando o ceo de cara a noite. Mañá será un día con vento forte do sur en toda a Costa e con moitas nubes entre Fisterra e Muros e no interior xa desde o amencer. Canto máis preto de Malpica, máis sol ata primeiras horas da tarde.  Ao mediodía e a primeiras horas da tarde orballará no litoral de Fisterra a Muros e de cara ao final da tarde chegarán chuvias fortes a toda a bisbarra. Choverá de xeito intenso durante dúas ou tres horas coincidindo co solpor máis ou menos. A fronte fría responsable destas chuvias pasará axiña e no amencer do domingo xa haberá sol. Predominará en toda a Costa da Morte durante todo o domingo, pero con fresquiño, con máximas que non superarán os 20ºC malia o sol... Campionato Trial
  • Carnota convírtese esta fin de semana na capital do trial ao desputarse aquí Campionato Galego e de España de Trial. Nas probas participan máis de 100 pilotos entre os que estarán os 5 mellores do mundo.
Festival Xiria Pop Días de Ecoloxía e Patrimonio Festas
  • En Treos - Vimianzo - celebran hoxe e mañá as festas de san Miguel. Esta noite haberá verbena co dúo Diamente e cunha disco móvil. Da de mañá encargaranse os grupos D'Zona, Kien lo Diría e Bomba.
  • Fin de ano en Corme. Mañá os veciños e veciñas de Corme comerán uvas e terán cotillón para celebrar a súa tradicional festa de Fin de Ano ao son da orquesta Compostela. E para ir quentando motores, hoxe tamén haberá verbena coas orquestas Claxxon e Bomba.
  • Na parroquia xalleira de Vilar de Céltigos celebran mañá as festas das Mercedes. A orquesta Santiago e a Disco Móvil CDC encargaranse da parte musical.
Roteiros e visitas guiadas Exposicións e outras citas
  • A biblioteca Rego da Balsa de Carballo acolle hoxe - ás 19:30 horas - a presentación de “Derribos Arias. Licencia para aberrar”, de Carlos Rego, na que se fará un percorrido pola historia dunha das bandas máis innovadoras do panorama musical dos oitenta.
  • Fernando Patricio Cortizo presenta mañá -ás 20 horas - na casa do Pescador de Malpica o seu libro "Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899 (Cartamar)". Unha hora antes da presentación realizarase un roteiro pola vila malpicana na que se fará un repaso aos naufraxios acontecidos aquí.
  • Exposición no Faro Vilán: ata o 30 de setembro, poderán disfrutar na sala que xestiona a asociación no faro Vilán da exposición de pintura “50 Faros de Galicia” de Javier Toba
  • O centro cívico de Malpica acolle ata o vindeiro día 2 de outubro a exposición artística “Aldeas sen Voz” composto por 139 fotografías de Vicente Ansola, 21 poemas e 9 relatos de distintos autores.
  • Visitas guiadas en Vimianzo. Esta fin de semana rematan visitas guiadas no Castelo de Vimianzo e nos Batáns do Mosquetín. Son os sábados e domingos ás 12 e as 17 e ás 13 e 18 horas respectivamente.
  • As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
Concertos Fonte 

Comentarios