A #AxendaCostadaMorte despide a un completo mes de setembro

08:15 22/09/16

- Carnota convírtese esta fin de semana na capital do trial ao desputarse aquí Campionato Galego e de España de Trial. Nas probas participan máis de 100 pilotos entre os que estarán os 5 mellores do mundo.
- Hoxe arranca na sala Dublín de Carballo a 19ª edición do Festival Xiria Pop. Serán varias as bandas de pop que pasen entre esta noite e mañá por aquí, sendo Aula 11 os anfitrións do festival.
- Co gallo da celebración do 10 aniversario de Senda Nova, a asociación organiza as xornadas “Abrindo camiño” teñen lugar ata o domingo primeiro andar do mercado municipal de Carballo. Haberá obradoiros para os máis pequenos, charlas, música,... todo baixo a temática ambiental.
- En Treos - Vimianzo - celebran hoxe e mañá as festas de san Miguel. Esta noite haberá verbena co dúo Diamente e cunha disco móvil. Da de mañá encargaranse os grupos D'Zona, Kien lo Diría e Bomba.
- Fin de ano en Corme. Mañá os veciños e veciñas de Corme comerán uvas e terán cotillón para celebrar a súa tradicional festa de Fin de Ano ao son da orquesta Compostela. E para ir quentando motores, hoxe tamén haberá verbena coas orquestas Claxxon e Bomba.
- Na parroquia xalleira de Vilar de Céltigos celebran mañá as festas das Mercedes. A orquesta Santiago e a Disco Móvil CDC encargaranse da parte musical.
- Ruta dos Dolmens de Vimianzo. Mañá remata o programa de visitas guiadas “Pon as botas!” cun roteiro guiado polos dolmens do municipio. A expedición arranca ás 10 horas do Castelo de Vimianzo. O interesados en participar ainda están a tempo de anotarse no 981 716 354 ou en visitavimianzo@gmail.com.
- A biblioteca Rego da Balsa de Carballo acolle hoxe - ás 19:30 horas - a presentación de “Derribos Arias. Licencia para aberrar”, de Carlos Rego, na que se fará un percorrido pola historia dunha das bandas máis innovadoras do panorama musical dos oitenta.
- Fernando Patricio Cortizo presenta mañá -ás 20 horas - na casa do Pescador de Malpica o seu libro "Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899 (Cartamar)". Unha hora antes da presentación realizarase un roteiro pola vila malpicana na que se fará un repaso aos naufraxios acontecidos aquí.
- Exposición no Faro Vilán: ata o 30 de setembro, poderán disfrutar na sala que xestiona a asociación no faro Vilán da exposición de pintura “50 Faros de Galicia” de Javier Toba
- O centro cívico de Malpica acolle ata o vindeiro día 2 de outubro a exposición artística “Aldeas sen Voz” composto por 139 fotografías de Vicente Ansola, 21 poemas e 9 relatos de distintos autores.
- Visitas guiadas en Vimianzo. Esta fin de semana rematan visitas guiadas no Castelo de Vimianzo e nos Batáns do Mosquetín. Son os sábados e domingos ás 12 e as 17 e ás 13 e 18 horas respectivamente.
- As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
- O gastrobar A Ventana de Laxe acolle esta noite o concerto de "Birds Are Indie"; uns portugueses que andan de xira por Galicia.
- O domingo haberá sesión vermú no local de Etel&Pan de Fisterra. Feminino Plural ofrecerán un auténtico espectáculo de piano e voz a partir das 13 horas.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)