A #AxendaCostadaMorte despide as Letras Galegas

08:10 20/05/16

- O Couto despídese do Festiletras 2016. Este domingo chegará dun dos programas culturais co gallo das Letras Galegas que ten lugar na Costa da Morte. A recta final será de traca. Hoxe, ás 23 horas, monólogo de Carlos Blanco; mañá concerto de Sés; o domingo feira de artesanía e festival de música tradicional con Inllar, Malante e Adro, entre outras moitas citas máis completan o cartel do Festiletras.
- Festival das Letras Galegas na Picota - Mazaricos. O domingo, a partir das 17 horas, terá lugar na casa da Cultura da Picota o festival das letras Galegas no que se homenaxeará a Manuel María cun recital de poesía e no que participan as distintas asociacións do concello mazaricán. A continuación, o grupo de teatro de Mazaricos interpretará a obra "O testamento do Tío Nacho" e debutará a actriz "Mazarica". O remate do festival correrará a cargo do grupo de pandereteiras da asociación de amas de casa de Mazaricos. O evento está organizado polo concello.
- Babacontos en Muxía. A biblioteca municipal de Muxía acolle mañá, ás 18 horas, o espectáculo para nenos e nenas "Babacontos con Manuel María" . Ademais, continúa aberta ata o día 31 de maio unha mostra bibliográfica sobre Manuel María.
- O auditorio de Baio acolle mañá a última obra que se enmarca dentro da I Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo concello de Zas. Farandoleiras Teatro, de Oleiros, chega con "Pánico"; unha obra para maiores de 14 horas na que non faltarán as risas. A cita comeza ás 21 horas. Haberá que esperar ata o día 28 para coñecer aos gañadores desta primeria mostra.
- Vimianzo continúa co "Maio Persoeiro". Ibuprofeno Teatro interpretará a obra “A filla de Woody Allen” mañá, 21 de maio, ás 21 horas na casa da Cultura vimiancesa.
- As Andainas Coñece a Costa da Morte pasan este sábado por Fisterra. Os camiñantes arrancarán ás 09:45 horas dende a entrada de Sardiñeiro para percorrer unha roteiro lineal de 11,5 quilómetros. A chegada está prevista para as 13:15 horas en San Roque - Langosteira -.
- Senda Nova ponlle fin este domingo á sétima edición da Primavera en Ruta. Faráo percorrendo as terras de Sofán na que a través dunha distancia duns 22 quilómetros, os camiñantes descubrirán a riqueza ambiental desta parroquia carballesa.
- Fisterra celebra esta fin de semana as festas do Buen Suceso. Mañá arrincarán pola noite coa verbena da man do Trío Elite e unha disco móbil. O domingo, sesión vermú con banda de Gaitas e Dúo Rosán. O domingo 29 de maio toca Corpus Christi.
- Festa Folk en Lires. Mañá toca a segunda tanda da Festa Folk, a partir das 20:30 horas, haberá churrasco (por 6€) amenizado coa música de de Pera Forte, Abaladeiras e Pedras Miúdas. Xa á noite, ás 23 horas,soarán Xoldra Rachada - Ribeira -, Melidaos - Melide - e Tanto nos Ten - Redondela -.
- Corme: Os Folkólicos presentan hoxe no restaurante Miramar de Corme do seu novo disco, The Motherfolking, gravado na Escola da Rúa de Carballo. Comparte escenario cos Bitxobola e a cita comeza ás 22 horas.
- O CunkCafé da Ponte do Porto celebra mañá o seu primeiro aniverasario cunha churrascada a partir das 20 horas. A celebración continúa ás 00:00 horas co concerto no pub Bridge con Os Litrisistas.
- Ostia en Verso, unha mestura poético musical para a noite do sábado en Cee.
- Santa Comba. Mañá, ás 18 horas, terá lugar a presentación do libro "A que altura está o ceo?" de Jorge Mira na librería Ler.
- Ruta gastrómica por Santa Comba. O locais hosteleiros de Santa Comba pechan esta fin de semana a VI Ruta de Tapas. A novidade é que o#SantaCombadetapaentapa2016 incorpora un concurso de tortillas que terá lugar dende hoxe ata o domingo.
- Este sábado volve a actividade cultural ao auditorio do edificio Multiusos de Santa Comba grazas ao programa "Primavera Cultural" do concello xalleiro. Ás 11 horas terá lugar o taller "A lanterna máxica"; un obradoiro creativo que xira arredor dos textos de Manuel María e no que se mistura a literatura, o teatro e o cine. Xa pola tarde, ás 20:30 horas, Pedro Brandariz ofrecerá o monólogo "Risas á galega".
- Muxía. O albergue Bela Muxía acolle mañá, ás 12:30 horas, unha "Homenaxe a Federico García Lorca" da man de catro poetas da Costa da Morte - X. H. Rivadulla, Rocío Blanco, Alexandre Nerium e Modesto Fraga - e da ilustradora Viki Rivadulla.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)