A #AxendaCostadaMorte recargárse coa ruta dos Faros e con outras citas de primeiro nivel

06:30 18/03/16

- Malpica é o punto de partida da primeira etapa do Camiño dos Faros. O domingo, 19 de marzo, ás 9:30 horas partirán do porto para realizar os case 22 quilómetros que os separan de Niñóns. Co fin de dar a coñecer a vila á xente que vén de fóra e de facer un percorrido inclusivo, o sábado pola tarde realizarase unha pre-etapa na que os veciños e veciñas de Malpica amosarán os recunchos da vila. Xa pola noite, a Traskiband ofrecerá un concerto.
- O concello de Carballo pecha o apartado teatral do programa dos Venres Culturais coa representación da obra "Foucellas" de Talía Teatro. O espectáculo comeza ás 21 horas no pazo da Cultura carballés.
- Chéreve estrea hoxe na antiga Fábrica de Sel de Muros o seu novo espectáculo "Eroski Paraíso". Repetirán a función mañá e o domingo.
- Quico Cadaval ponlle fin ao "Marzo Lareteiro" do concello de Vimianzo. O actor traerá o seu espectáculo "Almiñas" á casa da Cultura. A cita é mañá ás 21 horas.
- Hoxe e mañá Santa Comba acolle as xornadas nacionais sobre o lobo nas que se dan cita detractores e a defensores desta expecie en extinción. Marcos Rodríguez Pantoja, o home Entre Lobos, será un dos ponentes que participa no evento.
- Os establecementos hosteleiros de Laxe promocionarán dende hoxe e ata o domingo os productos do mar a través da inciativa “Laxe Quere Tapearte (Tapeo Marítimo)”. Así entre as 12:00 e as 15:00h e de 20:00h a 23:00 horas servirán un "pack" de bebida e tapa por 2,50€.
- A Ventana de Laxe recibe hoxe, a partir das 23:30 horas, o concerto de Huella que traerá as versións do rock español de toda a vida.
- Este sábado celébrase a Festa de Santa Uxía do Ézaro (Dumbría), coa sesión vermú da man da Triunfo e a verbena coa mesma orquestra e unha disco móbil.
- Pigmy ofrece este sábado ás 19:30 horas un concerto de música independente no novo "Curruncho Pop" da biblioteca Rego da Balsa de Carballo.
- O lugar de Alón, en Santa Comba, celebra o San Xosé cunha comida popular amenizada por Ciclón.
- Ademais da ruta gastronómica, Laxe vivirá este sábado unha noite de verbeneo 100%. O motivo é a presentación de orquestas organizada pola comisión de festas da vila coa súa campaña #haiquestar. Actuarán na praza dos Voluntarios as orquestas Caramelo, Samba e D`Moda.
- Camariñas quenta moteres coa XXVI Mostra do Encaixe que comeza o vindeiro mércores. Mentras non chega o momento da inauguración oficial, o Centro Comercial Finisterrae de Cee acolle unha exposición do Encaixe de Camariñas.
- A casa da Cultura da Picota - Mazaricos- a acolle hoxe ás 21 horas a presentación do libro “Que non te aten”- publicado por Xerais- de Manuel Iglesias Turnes. Ao finalizar José Luis Míguez representará o monólogo “O país das vacas”.
- Fisterra dálle o pistoletazo de saída aos actos da Semana Santa. Hoxe venres, ás 19 horas, sairá a procesión das Dolores. Sábado tocaralle o turno á peregrinación do Santísimo Cristo. E o domingo haberá a tradiciónal bendición dos ramos.