![]()
O Pazo da Cultura acolle mañá mércores, ás 11 horas, a presentación do programa da
Semana do Libro e a Lectura que se desenvolverá do 24 ao 28 deste mes no Pazo da Cultura, en colaboración, un ano máis, coa asociación Socio-Pedagóxica Galega. Pero ademais desta iniciativa, xa consolidada e que inclúe diferentes actividades orientadas sobre todo ao público infantil, este ano celebrarase unha semana dedicada ao libro e á lectura para adultos na Biblioteca Rego da Balsa, con catro presentacións literarias.
A primeira será hoxe ás 19:30 horas. Será o malpicán
Xelucho Abella o que visite a biblioteca de Carballo ás 19:30 horas para falar de
Fuxiron por mar, un libro no que recolle as historias de “Ciudad de Montevideo”, “San Adrián” e “Rocío”, tres motoras da vila malpicá que fuxiron para Francia durante a Guerra Civil cun total de 66 homes a bordo, e que na súa dura travesía tiveron que enfrontarse a temibles galernas ata arribaren á Bretaña francesa.
Mañá mércores será a quenda do lugués
Manuel Núñez Singala, o autor convidado a esta semana literaria, que presentará "
Sacar a lingua é de mala educación", un interesante volume no que, de maneira sinxela e clara, expón os motivos polos que todos os habitantes de Galicia deberían ser competentes nas e oficiais da comunidade e aproveitar esa destreza como trampolín para adquirir outras o antes posible. Será tamén ás 19:30 horas.
O venres 21 descubriranse os misterios que garda
Proyecto Exitium Z, o libro do autor carballés
Fernando Cabeza, que estará na Biblioteca Rego da Balsa a partir das 20 horas. O protagonista da súa obra é Juan, un mozo carballés que se converte en testemuño de como a liberación dun virus desencadea unha pandemia mundial e supón unha seria ameaza para o planeta.
E de pechar a semana do libro encargarase outra carballesa,
Rosalía Fernández Rial, que visitará a biblioteca o sábado á 12 horas para presentar
Aulas sen paredes, un estudo teórico-práctico derivado da súa tese doutoral sobre o uso da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas.
Todas as presentacións son abertas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo