venres. 09.05.2025
El tiempo

A biblioteca Rego da Balsa de Carballo descubre o #puntoB dos seus usuarios

A biblioteca Rego da Balsa de Carballo descubre o #puntoB dos seus usuarios
Coa finalidade de coñecer o Punto B dos usuarios e usuarias (e de todos aqueles que desexen participar), a biblioteca Rego da Balsa de Carballo pon en marcha durante este mes de febreiro unha inciativa coa que pretende coñecer ese gusto, afección, libro, canción, frase ou pensamento que fai única a cada persoa. Para iso púsoxe en marcha unha campaña nas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram e Pinterest) na que os participantes deben subir unha imaxe en branco e negro cunha frase que a acompañe e co hastag #puntob. Para que sexa visible, deberá editarse como pública e etiquetar á biblioteca Rego da Balsa. Un dos obxectivos que busca esta campaña é fomentar o desenvolvemento da mente e do saber en contra do fomento das publicacións triviais que abundan en calquera das redes sociais. "Ler, pensar e cultivarnos tamén é sexy", sinalan os organizadores da iniciativa.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Biblioteca Rego da Balsa

Comentarios