A calor e o verbeneo instálanse na #axendaCostadaMorte

08:15 15/07/16

- Dende hoxe e ata o domingo, Zas celebra as festas do Carmen. A verbena comeza hoxe coa orquesta New York e a disco móbil CDC. O día grande, mañá sábado, non faltarán os pasarrúas, misas, procesión e sesión vermú coa orquesta Palladium que comparte escenario á noite con Tekila. O domingo, ademais dos actos relixiosos, a orquesta Solara encargarase de amenizar os bailes da misa e a verbena.
- Camariñas celebra dende hoxe e ata o luns as esperadas Festas do Carmen. Pola vila do encaixe pasarán orquestas como a Panorama, París de Noia, Olympus, Combo Dominicano, Marbella, Costa Oeste, o grupo Bomba, entre outros. Dentro dos actos litúrxicos, o de maior atracción será o sábado coa procesión mariñeira e a posterior danza de arcos.
- Corcubión honra mañá á virxe do Carmen. A orquesta Essencia a disco móbil CDC encargaranse da parte musical. Tampouco faltará a procesión marítima que será xusto despois da misa solmenne (ás 11 horas).
- Rapa das Bestas en Vimianzo. O campo de A Areosa acolle este domingo a tradicional rapa das bestas. A festa xa comeza mañá e continuara durante o domingo todo o día cun xantar incluido.
- Carme do Briño de Borneiro (Cabana). O domingo á tarde comenza en Borneiro as festas do Carme do Briño. Unha churrascada e unha foliada na que participan unha boa parte dos gaiterios da bisbarra daranlle comezo a dous días de festa. Xa o luns e o martes, os actos litúrxicos e os ritmos das orquestas tomarán protagonismo.
- Na parroquia de Maroñas (Mazaricos) estarán de festas o luns e o martes. O primeiro día, as orquestas Xacobeo e América encargaranse da parte musical. O martes o éxito de público está asegurado co Combo Dominicano e a orquesta Panorama.
- Esta fin de semana Esteiro (Muros) celebra as súas festas na honra de Santa Mariña e un dos eventos máis esperados do ano: o Gran Prix de Carrilanas Marqués de Vizhoja que vai xa pola XXIX edición e na que está confirmada a participación de 70 carrilanas. Os actos festeiros comezan mañá sábado e prolongaranse ata o luns.
- O bar O Curuxo de Laxe acolle esta noite, a partir das 23:30 horas, o concerto de Oîma. Olalla Liñares co clarinete, Martiño Senande co acordeón diatónico e Antía Ameixeiras co violín encargaránse de animar a noite coas súas músicas tradicionais onde non faltará o baile.
- Alan Louzán e Ángel García farán en dueto un concerto mañá, a partir das 23 horas, na Calzada, Cee.
- Mañá ábrese o programa de visitas guiadas "Vimianzo. Historia Viva" cun roteiro polo centro da vila que leva por título “Vimianzo, a vila do castelo”. Neste percorrido, que comeza ás 11:30 horas e que é gratuito, os participantes descubrirán o seu pasado feudal. Testemuña del son os pazos de Trasariz e de Trasouteiro xunto coas casas de Tedín. Durante a ruta tamén se contempla a visita ao Muíño da Agra. O concello tamén ofrece representacións teatrais no Castelo e visitas guiadas na fortaleza (ás 12 e ás 19 horas) e nos Batáns do Mosquetín (ás 13 e ás 18 horas) así como a Mostra de Artesanía en Vivo.
- Visita guiada teatralizada nas Torres do Allo (Zas): Francisca Riobóo e a Víctor López Seoane regresan a un dos pazos máis antigos para explicarlle aos visitantes dun xeito ameno e dinámico como era a vida cincocentos anos atrás. A función, que se repite todos os domingos de xullo e agosto, comeza ás 19:30 horas. A visita guiada é gratuita e dura 35 minutos aproximadamente. Ademais, as Torres do Allo podense visitar todos os días da semana de 11 a 2o horas.
- Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
- O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas, a excepción dos domingos.
- A casa da Cultura de Vimianzo acolle ata o vindeiro 30 de agosto a exposición fotográfica "Asunción, María e Jose" de Marcos Rodríguez.
- A artista polaca Gosia Trebacz expón na sala de exposicións do faro Vilán a súa mostra de pintura “Mar de dudas”. Os seus traballos combinan formas, materiais e cor dándolle así unha nova dirección aos seus traballos que buscan provocar a comunicación co espectador.
- Coincidindo coas festas do Carmen, Camariñas acolle dende hoxe e ata o domingo a Romaría Mariñeira Mercado Medieval.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)