Mércores. 18.09.2024
El tiempo

A capela dos 300 anos

A capela dos 300 anos
Festa 300 anos da Capela de San Blas Santa Comba Xa son 300 anos abondos mesmo para unha capela. E o vindeiro 20 de xullo, a Capela de San Blas, en Armán-Grixoa (Santa Comba), celebra o seu 300º aniversario. Unha celebración con procesión das principais imaxes relixiosas da zona, e por suposto, música de Gaitas e comida tradicional. Como ten que ser. A capela é un fermoso recunchos para visitar, cun singular retablo en pedra que data da época de construción da capela, inaugurada en 1714. Na fachada ten un grande escudo, e no interior unha imaxe de San Brais. Segundo os veciños, na súa orixe foi propiedade particular da casa da Torre de Bugallido (Negreira), propietaria de todo o lugar de Armán. Posterioremente foi cedida ós veciños polos seus donos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios