A Costa da Morte case non estará nos Premios #MariaCasares14
Xa temos candidatos nominados para os Premios #MariaCasares14. Os premios do teatro galego que outorgan Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) deu a coñecer os 11 espectáculos finalistas.
A directiva da AAAG, que conta cun vimiancés como Vicente de Souza (vémolo na foto de abaixo segundo pola esquerda abranzado a Guillermo Carbajo e xunto a Vicky Pérez e o presidente Avelino González) prepara xa a Gran Gala de entrega dos premios escénicos de Galicia, que se celebrará o xoves 27 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
''Eurozone', con doce candidaturas; 'O home almofada', con seis; e ‘As do peixe’ e ‘Bye, Bye Honey’, con cinco, son as montaxes con maior número de nomeamentos nos galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
E entre os nominados temos unha pequenísima participación costeira, pois Xavier Deive é candidato ao premio como Mellor Actor Principal pola obra Gaivotas subterráneas, dixirida por Artur Trillo, da compañía costeira Talía Teatro.
Mágoa que tras varios anos copando os postos de mellores actores de Galicia quedemos este curso sen opcións.
Máis información
Novas relacionadas
- Un vimiancés toma o relevo dun ceense na directiva da Asociación de Actores e Actrices.
- María Casares 2013: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.