![premio-rosalia-castro-deputacion-2016]()
O escritor Xabier P. Docampo e os proxectos Correlingua e Semente gañaron a anterior edición dos premios Rosalía de Castro
Co fin de recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico, a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña convoca a oitava edición do
Premio Rosalía de Castro.
As candidaturas poderán presentarse até o vindeiro 30 de xuño para as dúas categorías do premio, unha destinada a persoas, colectivos, entidades ou asociacións que destaquen na promoción da lingua e outra máis específica, creada na pasada edición, para premiar o traballo específico para tramos de poboación menor de idade, infancia e mocidade.
“O Premio Rosalía de Castro, ademais de ser unha homenaxe á escritora, ten como obxectivo recoñecer o traballo de entidades e particulares á hora de promocionar a nosa lingua, un impulso imprescindíbel e necesario que ten que ser valorado desde as institucións”, sinalou Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsábel da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Premio
Goretti Sanmartín lembrou que esta edición é especialmente relevante xa que coincide con dúas datas de especial significación con respecto á escritora, o 180 aniversario do seu nacemento e o centenario do monumento instalado na Alameda de Santiago, dúas datas que a Deputación ten previsto conmemorar. Na anterior edición recibiron o premio o
escritor Xabier P. Docampo e, na modalidade de iniciativas destinadas á infancia,
Correlingua e a
Semente.
O premio consistirá en 3.000 € para cada unha das modalidades, cun incremento sobre a edición anterior. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación. Avda. Do Porto 2, 15006 A Coruña ou no enderezo electrónico
[email protected].
Novas relacionadas
Fonte