Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Deputación incrementa nun 30% o orzamento para a Rede Cultural

A Deputación incrementa nun 30% o orzamento para a Rede Cultural
O grupo de teatro Badius, de Baio, participou na anterior edicion da Rede Cultural O grupo de teatro Badius, de Baio, participou na anterior edicion da Rede Cultural Cun orzamento de 1.400.000€ para contratacións, a Deputación da Coruña pretende coa súa Rede Cultural ofrecer cultura para toda a pobaoción con pluralidade de propostas e osixenar tamén este sector vítima da crise económica. Así o manifestou onte a vicepresidenta deste organismo, Goretti Sanmartín, quen destacou que “a Rede Cultural favorece o desenvolvemento dunha oferta cultural de proximidade e calidade, o acceso ás propostas culturais por parte do conxunto da cidadanía e supón un espazo de contratación e difusión relevante para os sectores culturais”. Desta forma, a Deputación incrementou en máis dun 30% o seu orzamento para as contratación con respecto á edición anterior o que permitirá que un maior número de compañías e de propostas culturais poidan acollerse no 2016 a esta nova convocatoria dos circuitos culturais do que se benefician os concellos e outras entidades culturais. Sanmartín resaltou asimismo que se incrementa a achega para facilitar que os concellos de menor poboación poidan programar actividades culturais ao longo do ano. Entre outras das novidades do 2016 tamén destaca a incorporación do cinema ao abano de programación ofertada no circuito da Rede Cultural. Goretti Sanmartín adiantou que a vontade da Deputación é que a través da Rede Cultural se podan difundir de maneira especial as producións do como Novo Cinema Galego, coa idea de dar a coñecer entre a poboación o novo audiovisual que se está a crear no país. De cara á vindeira edición,a responsábel da área de cultura da Deputación anunciou a inclusión na Rede do programa expositivo destinado de maneira especial aos concellos. Igualdade de Xénero e lingua A promoción da lingua galega e os espectáculos que fomenten a igualdade de xénero serán premiados nos criterios da Rede que teñen como obxectivo “ofrecer unha proposta diversificada, de calidade e de interese para a pobación”. Goretti Sanmartín defendeu o interese da Rede Cultural en canto “non só fai chegar a cultura a todas as persoas senón que é tamén un balón de osíxeno para o sector cultural xa que a través do noso circuito se potencian as contratacións que son vitais para as compañías e grupos”. A convocatoria oficial da Rede Cultural sairá publicada no Boletín Oficial da Provincia hoxe  venres. A partir de aí, iniciarase o prazo de presentación de propostas culturais. Aberto o prazo Deste xeito queda aberto o prazo de inscripción de espectáculos. O prazo estará aberto ata as 14.00 do día 12 de febreiro. Novas relacionadas Fonte

Comentarios