A festa dálle paso ao teatro na #AxendaCostaDaMorte

14:27 25/09/15

De festas
Así que as localidades que están de festa non precisan carpa. Muxía e Treos serán dúas das vilas que honren a san Miguel. En Treos (Vimianzo) terán tres días de festa que comezan hoxe con Samba e CDC. A troula continuará aquí ata o domingo. En Muxía a festa será mañá sábado coa música da orquesta Manchester e a actuación de Sabela. Os veciños e veciñas de Corme lucirán o sábado as súas mellores galas para celebrar a súa particular festa de fin de ano. Outras vilas da zona, como Verdes, Ardaña ou Coristanco tamén o pasarán en grande coas súas respectivas festas.De teatro
Arranca en Carballo unha das súas citas culturais máis importantes; o XXIV Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) no que pasarán polo escenario máis de 34 actuacións ademais doutras actividades paralelas que xa están programadas. A primeira das citas é hoxe, ás 20:30 horas, na praza do Concello carballés. Alí, a compañía andaluza Vaivén Circo presentará o seu espectáculo “Deshábitat”. Os máis pequenos tamén teñen o seu espazo co seu particular Fiotiño.Máis información
Noite de blues en Sardiñeiro
Os amantes da música, e sobre todo do blues, teñen na noite de mañá sábado unha cita noLestón de Sardiñeiro. Nada máis e nada menos que os Bakin’Blues Band e Boney Fields xuntos. ¡Todo un luxo!Novas relacionadas
- Os Bakin’Blues pecharán en Sardiñeiro a súa nova mini-xira con Boney Fields
- O FIOT arrinca con circo e música na rúa
- Os peques tamén poden participar na festa do teatro carballés no Fiotiño.
- Comeza a venda de bonos para os socios do FIOT.
- Trinta e catro espectáculos enchen o cartel do FIOT 2015
- Susana Dans será a Xograr de Outono para o FIOT 2015
- Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)