Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A formación audiovisual como saída profesional de calidade para a mocidade

A formación audiovisual como saída profesional de calidade para a mocidade

Non foi algo pasaxeiro o pioneiro festival de webseries de Carballo. A proposta deste festival de contidos dixitais continúa en marcha, e o fai a base de formación. O Carballo Interplay, mentres pensan na segunda edición, prepara xa 4 obradoiros de aquí a final de ano, e outros 10 para o curso que vén.

Serán 4 cursos completísimos de Formación Audiovisual. Curso de primeira orde, con recoñecidos profesionais de diferentes ámbitos do audiovisual galego, que dan conta da aposta do concello carballés polo audiovisual como saída profesional de calidade para a mocidade.

  • O cinema en primeira persoa:
    - Impartido por Eloy Domínguez Serén.
    - Duración: 20 horas.
    - Nº de prazas: 20;
    - Datas: 17 – 21 novembro;
    - Horario: 16 h – 20h.
  • Operador de cámara HD:
    - Impartido por Victor Rodríguez e Oscar Chamorro.
    - Duración: 20 horas;
    - Nº de prazas: 20;
    - Datas: 27 – 30 novembro;
    - Horario: 16 h – 21h.
  • Iniciación á edición Profesional con Adobe Premier Pro:
    - Impartido por Daniel Viqueira;
    - Duración: 15 horas;
    - Nº de prazas: 15;
    - Datas: 3 – 7 de decembro;
    - Horario: 18 h – 20h.
  • Introducción ao son:
    - Impartido por Xoán Escudero;
    - Duración: 16 horas;
    - Nº de prazas: 15;
    - Datas: 13 – 14 de decembro;
    - Horario: 10–14 e 17-20 horas.
inscrición por obradoiro ten un custe de 20 euros. Se tes algunha dúbida, escribe a [email protected].

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios