Martes. 23.04.2024
El tiempo

A literatura costeira ten canteira

A literatura costeira ten canteira

Xa temos experiencia en gañar certames literarios a nivel nacional. I é que mulleres como Rocío Leira tennos mal acostumados. Pero vemos que a canteira ceense e costeira vén con forza, como vimos de comprobar.
Co lema "podar imaxinalo podes contalo", a empresa Coca-cola convocou a terceira edición do "Concurso Novos talentos de relato curto en língua galega". Participaron 5.000 escolares de todos os centros de ensino de Galicia, chegando á final 36 alumnos, seis por cada distrito. E foi a pequena ceense Ainhoa Conde Castro a gañadora Provincial e Autonómica.

A alumna do IES Agra de Raíces de Cee participaba coa obra "Xiana, unha nena valente". E vai traer cola este pequeno relato pois fai uns días tamén recibiu dous galardóns por sendas obras de teatro e relato da Biblioteca municipal de Cee.

O premio, entregado polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, é unha viaxe literaria a Roma e Florencia. Tamén irá a un concerto en Madrid como festexo dos 125 anos de Coca-cola.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios